O venres 5 de abril, a unidade móbil de GZmúsica volveu subir até a montaña ourensá para asistir de novo a unha das festas organizadas pola xente da A.C. A Rebusca de Manzaneda. Aló, na Maceda da Terra de Trives gozamos coa primeira xornada do FindeKeFlipas(2), segundo estalo da nova argallada dos da Rebusca. Aquí tedes crónica e vídeos dos concertos desa primeira xornada e fotos dos 2 días, cedidas xenerosamente polo Pelu de Mos.

Venres á tarde, a expedición gzmusiqueira saía do Morrazo en dirección ás Terras de Trives. 2 horiñas longas de viaxe até a vila de Manzaneda e chegar e encher, pois "coámonos" na cea que organización e grupos ían comezar no restaurante O Pendón. Entre caldo e viño, tivemos a ocasión de falar un pedazo coa xente de La Tarrancha, que viñan con moitas ganas para apresentar o seu mecigayu-ska polas terras da Macizo Central. Despois de sobremesas e chupiños, a maioría dos asistentes -que ou ben ceaban no Pendón ou andaban tomando a primeira polo arredor- fomos xa cara ao Local Social da Rebusca. Cun pouquiño de atraso sobre o horario previsto, Som do Galpom foron os encargados de abrir a noite.

Os de Compostela viñan apresentar o seu novo disco, Galiña de Troia, e deixaron moi bo sabor de boca entre @s seareir@s. O seu é un funk-rock no instrumental, -baseado no trío batera/baixo/guitarra-, ao que acompaña o violín de Brais e os rapeos do outro irmán Bassave por riba, colocando o ramo hiphopeiro que acaba de cadrar a sonoridade dos do Galpom. Ese é o seu son e sen desacougos, coma quen non quer a cousa, foron introducindo o público no concerto. Porén, o deles non é poñer toda a xente a chimpar -agás en intres moi determinados- senón facelos esvarar polas cadencias rítmicas que entretecen uns músicos moito máis que correctos. Cun son que por veces traía algunha lembranza aos últimos Skornabois ou na liña de bandas estranxeiras do tipo dos Red Hot, con letras comprometidas e deixando para os bises a versión que fixeron de Zënzar para o compilatorio dos 25 anos dos de Cerceda, tédela no vídeo, que nos segue a parecer do mellor dese disco homenaxe.


A verdade é que Som do Galpom deixoulle o público a La Tarrancha no punto exacto para que estoupase a bomba skatalítica dos da cuenca minera. De feito, podían pensar en xirar xuntos, pois os 2 concertos compleméntanse á perfección. Así, do estilo máis pausado, máis reflexivo e de ritmo hiphopeiro do Som do Galpom pasamos á invitación total ao baile que representa La Tarrancha. Tendo en conta que a inmensa maioría, -agás os valentes que os seguiron desde Asturies, con reviravoltas pola contorna incluídas-, non coñecían ningún tema do grupo, o feito de poñeren a bailar a todo o mundo case desde o minuto cero ten moito mérito. Isto conségueno cunha posta en escena que denota os quilómetros que levan no lombo, na que destaca o frontman -por apariencia física e movementos no escenario lembrounos ao de Russkaja- e o trombón, que souberon conectar moi ben coa xente que estabamos aló. A súa formación inclúe batera e percusión, baixo, guitarra, acordeón, trombón, frauta e voz e a verdade é que, alén de facer moita festa, soaron moi ben. De certo que este ano van volver por algún festival do país, pois deixaron a todo o mundo canso e satisfeito.

FOTOS DO PRIMEIRO DÍA

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="galpomtarrancha" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Despois foi a quenda dos DJs, Brigada A.M. Soundsystem, mais nós optamos por unha retirada a tempo, pois a noite fora xa longa e as forzas fraqueaban, vese que estamos desentrenados para o forte ritmo que impoñen os da Rebusca nas súas grandes festas. Porén, contamos coa inestimable colaboración da sección rebumbeira de Mos, que nunca falla nas grandes ocasións e que nos deixou fotos do fin de festa do venres e das actuacións do sábado, Labreg@sdo Tempos dos Sputniks e Tarde Piaches.

FOTOS DO SEGUNDO DÍA

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="piacheslabregos" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Máis nada, agás agradecer o magnífico trato que recibimos -coma sempre- da xente da Rebusca. Ten moito mérito facer cousas deste tipo en calquera lugar, pero moito máis nunha vila tan pequena como Manzaneda, lonxe ademais das grandes cidades. E xa avisan que haberá FindeKeTripas nos vindeiros meses...estades avisad@s!!

Crónica e vídeos: Lavesedo

Fotos: Lavesedo e David Otero

{fcomments}

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas