O Aturuxo de Bueu, templo da música dominical galega, sempre ofrece propostas ben interesantes para rematar a fin de semana. Por riba, a nós quédanos moi a man, así que non perdemos ocasión de ir botarlle unha escoita ás súas propostas. Desta volta, Lety GF e Xabicas -fixo en todos os concertos da sala-, achégannos as súas sensacións sobre o concerto de Zamaramandi o 18 de maio. A banda de reggae roots viguesa cruzou a ría para presentar o seu novo disco, Mesopelagic.

A banda viña presentarnos o seu novo disco, Mesopelagic, producido e misturado por Roberto Sánchez. E non só viñan a iso, senón que tamén viñan darlle sentido a ese refrán de que nunca te deitarás sen saber algo máis... Moitos xa o saberedes, pero outros moitos (que collemos a ESO e polo tanto temos unha cultura xeral bastante máis que pésima) non o sabiamos, para estes comentarlles que mesopelagic é a segunda capa do océano, a que vai dende os 200 ata os 1000 metros de profundidade.


A esas profundidades a luz apenas chega, pero, segundo a banda, sempre hai un raio de esperanza, o que eles extrapolan á sociedade actual. Por unha banda, nesa capa oceánica os peixes son bioluminiscentes, vamos, que brillan con luz propia é por outra as medusas móvense por impulsos rítmicos (representados na súa música), polo que a banda escolleu estas medusas bioluminiscentes como portada para o seu disco, deseño de Sil Cunningham e que persoalmente me encantou. Así que, como din eles, a escuridade do momento social actual, sempre se pode contrarrestar coa luz das persoas e a música é un bo fio conductor desa luz. Se queredes un disco tranquiliño e con boas vibras xa sabedes. E para que esa luz vos chegue, aquí  traemos un video con anaquiños tanto deste disco como de material anterior.

Os que xa os coñecedes saberedes que é unha familia moi grande, velaquí vos quedan os nomes dos artistas que participan no disco para quen non os coñeza, é moi posible que algúns vos soen doutros proxectos. Xabier Rey á voz, o seu irmán Cibrán Rey, batería e coros, Andrés Seoane tamén coros e voz principal nalgún tema, Sergio García ao baixo, ás guitarras Javier Vicente e David Gago, ao teclado Adrián Blanco, Ricardo Mouriño coa frauta traveseira, Pedro Álvarez e Fausto Escrigas ao saxo e por último os que fallaron para esta presentación Esteban Barcia ao trombón e Jorge Méndez á percusión.

E para @s que lles queirades ver ben as caras tamén tedes unhas fotos de Xabicas, que coma sempre nos trae un traballo do que jostamos moito!

Texto e vídeo: Lety GF

Fotos: Xabicas

{fcomments}

Vindeiros concertos

671233870_18332841463223880_6699798182972323400_n.jpg }03 Mai 2026
High Paw e Banda
Krazzy Kray! - Cambados
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
681805558_18574633141034291_8173403747584177655_n.jpg }02 Mai 2026
XXXV Festa do Muíño de Fausto
Muíño de Fausto - Coiro (Cangas)
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }03 Mai 2026
08:30PM -
Pablo Sanmamed
Teatro Principal - Santiago de Compostela
671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)