Despois de asistirmos hai 10 días -entre concerto e concerto da Candeloria- a un petisquiño do concerto de Seivane no Clavi, quedamos con ganas de máis. E a menos folqui da crew de GZmúsica foi até a Capitol o sábado 7 de marzo para ver a presentación alí de "Fiz", novo disco da gaiteira. Esta é a súa impresión

O pasado sábado 7 de marzo parte do equipo feminino de GZmúsica achegouse un pouquiño ata a sala Capitol para ver a Susana Seivane en directo por primeira vez. Si, podedes pensar... Como??? Mais polo norte andaba a menos folqui de todo o grupo...

Como boa galega aínda que no cartaz poñía as 9 e media xa fomos para estar as dez e aínda chegamos

Nada máis entrar na sala e por primeira vez alí vin unhas mesiñas e algunha que outra cadeira, o cal xa me dicía que ía ser un espectáculo para gozar tranquilamente e non tolear coma de costume.

A verdade que pese a non ser seareira habitual do folque galego gostei moito de Seivane e os seus acompañantes. Dentro do seu repertorio amosou clásicos que xa coñeceran os seus seguidores, algunha muiñeira que podemos estar acostumados a escoitar en foliadas, cancións que aprendeu dos seus maiores e tamén algún adianto do que vai ser o seu próximo disco "Fiz".  O nome do seu primeiro fillo é o que vai dar nome a este disco, xa que, segundo ela ese embarazo provocoulle unha gran inspiración para compoñer. E non sei vos pero a verdade que a canción coa que comeza o vídeo que aquí vos deixamos a min seméllame unha nana para durmilo neno, supoño que está moza o instinto maternal aflóralle polos poros da súa  pel, vexan e xulguen vos mesmos.

FOTOS DO CONCERTO

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="SeivanenaCapitol"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E un vídeo...

{fcomments}

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas