O Davide Salvado tamén andou a pasada fin de semana polo Festival de Cans. Tocou no Jaliñeiro e alí soaron xa algúns dos temas do seu novo traballo, Lobos, que se publicará o vindeiro 16 de xuño pero do que xa hai tamén algún adianto na rede. Aquí vos deixamos a entrevistas que lle fixemos ao pé de Jaliñeiro e un extracto do seu concerto en Cans.



A piques de sacar o novo disco, Salvado pasou por Cans.


O 16 de xuño chega Lobos o novo disco de DAVIDE SALVADO. O disco está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galiza, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galiza máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.    

O traballo foi producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos como Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.

Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países. En febreiro de 2015 editou o disco RÚSTICA (Fol Música 2015), un proxecto compartido xunto a Cristina Pato, Ánxo Pintos e Roberto Comesaña.

{fcomments}

Vindeiros concertos

749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759700178_935299379588861_1788542245678184277_n.jpg }24 Ago 2026
07:30PM -
Ukestra do Medio
Camping Lago-Mar - Muxía
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759904625_935298589588940_2999413444636491151_n.jpg }27 Ago 2026
07:30PM -
Belém Tajes
Camping Lago-Mar - Muxía