No verán, as fins de semanas dan para ver moita música ao vivo. Concertos de balde ou de pago, á beira do mar ou no medio do monte. Festivais, feiras ou concertos en chiringos da praia. De todo hai e iso ben o sabe un dos nosos colabordores, o Cao de Mos. Despois de moitos meses -anos??- volve enviar crónica dunha tourné canfurneira polo país -con paraxes en Bouzas, na Guarda e Zamáns- só ao alcance de veteráns festivaleiros coma el. Pasen e lean, paga a pena.

Venres 23.00h, hora de saír do choio. Sen apenas lavar as mans e a cara pico saída en Barreras e saio a lume de carozo polo calexón de Aucosa. Miro a un lado, ao outro e cruzo a rúa Beiramar cara á sala Artika. Entro e xa está o Leo, cavaquinho na man, sentado na barra explicando a canción que vai interpretar. Unha versión dos Pogues "dirty old town" que maxistralmente adapta a "É jevi o metal". Sería a primeira canción á que chego... 
Unhas 40 persoas asisten a presentación do disco de Leo en Vigo, moitas caras coñecidas o que fai que a interactuación co público sexa constante. Rematada a sesión acústica convida a xente fumadora a saír fumar, uns fuman e outros imos ao bar La Rubia; hai fame... 
Collemos as sandes e pra dentro. Comeza o concerto eléctrico e rompe unha corda, non pasa nada, aínda quedan máis. Cambio de guitarra e rompe outra corda... Algún guitarrista na sala??? 
Mentres o heroe da noite arranxa as guitarras o Leo agarra a guitarra infantil e continúa. Guitarra arranxada e volta ao escenario lembrando a súa musa, Corina. Público en pé coreando os retrousos: Bilingüismo, España dáme caña, Eu nunca serei yo... remata o concerto e todo cristo satisfeito. 
O sábado ben descansado e co "Nique dos Ramones" soando na miña cabeciña collín un ATSA e fun até A Guarda. Á Guarda ou vas a algo ou non vas, e por sorte este sabado o colectivo Música Nómada organizou o III Mercado da música nos xardíns do centro cultural e a verdade é que son que agradecer este tipo de eventos...
A noite mola, os festivais arrasan pero cada vez estoulle a coller máis o gusto a iso de erguerse antes das 12 e ir a tomar cervexiñas ao sol, e se aínda por riba tes un mercado onde mercar discos e de todo o relacionado coa música moito mellor. Se a isto lle sumamos musica en directo, que máis podemos pedir? 
Cheguei preto do medio día e os Querido xa estaban tocando, teño que dicir que non son eu moi fan do rollo ese, pero... que carallo??  Cun día bonito como estaba e co bo ambiente que había, escoiteinos, presteilles atención e mesmo me gustaron!! 
A cuarta ou quinta caña comezaron a tocar Hellen&Shanna e apenas lles prestei atención xa que me atopaba a arranxar o mundo coa tropa 1314 e tampouco me chamaba o que estaba a escoitar.  A iso das 14.30 tocoulles aos Blody e os Meris amenizar as cañas, e ben que o fixeron, versións de blues e de soul moi ben interpretadas por unha banda que se notaba a gusto, e iso transmítese ao publico que, pese a hora que era e a fame que apretaba, bailou todo o seu repertorio.
Xa bastante hidratados había que comer, e ben que o fixemos, tan ben que a sobremesa alongouse mais do previsto e para cando voltamos ao mercado xa estaban os Santos Morcegos a tocar. Tremendo subidón escoitar estes morcegos, desfrutamos tanto o seu concerto que o subconsciente nos enganou e ao rematar fixemos algo que non tiñabamos que facer... marchamos..... 
Saímos da Guarda para Zamáns, voltaba o KARRASKAL ROCK chegamos, aparcamos, pagamos e entramos. Pouca xente no campo de futbol de San Cosme cando xa tocaran dous grupos, ou sería que todo o mundo saíu mexar fóra ao non ter baños. Non me entra na cabeza que a organización gastase un feixe de cuartos en ter vixiantes a cachear cada vez que entrabas e non se lembrase de pór baños... 
Subiron Dakidarría ao escenario, comezaron fortes, e daba gusto ver o Simón choutar e moverse no escenario despois do accidente que tivera meses atrás. Un público entregado que erguía o puño en alto cada vez que Gabri o facía.  O repertorio dos miñoranos foi amplo e incluíu cancións de todos os seus discos, cunha novidade. Moitas delas, gravadas orixinalmente en castelán, cantáronse no noso idioma. Versión de Skacha incluída, o punkito de sempre asaltando palco e final apoteósico con Terra, que xa é todo un himno para boa parte da xuventude galega. Moi bo concerto e moi traballado, sen apenas tregua para lle dar un grolo ao kalimotxo.
Saída outra vez a mexar e outro cacheo máis....
Tocáballes o turno aos Heredeiros da Crus, pouco están a tocar este verán, e menos mal... Non sei se é que tiveron un mal dia ou o de ensaiar o levan moi mal, pero un grupo que se supón é cabeza de cartel non pode facer o ridículo dese xeito. Comezaron con cancións novas que non as coñecía nada mais que a primeira fila, e non toda. Continuaron con temas xa máis coñecidos que todo o mundo coreaba, pero a demora entre canción e canción restoulle toda a frescura a que nos tiñan acostumados. Non quixera miralos sen a sección de metais e sen o teclado de Quique Crebinsky. O momento streptease, coma sempre, sobraba. E por suposto as babosadas escupidas por Tucho e Javi. Babosadas a parte, foi sen dúbida o peor concerto dos Heredeiros ao que asistín, tanto que xa non aguantamos ata o final e marchamos antes do remate. 

Quedo co bo recordo de Leo, co mercado da música e co concertazo de Dakidarría.

Saúde e música (boa) do país!!

TEXTO: Cao de Mos

IMAXES: Arquivo GZmúsica

{fcomments}


Vindeiros concertos

590001532_25971165545819150_5834434545362490427_n.jpg }05 Dec 2025
Nadal Cultural San Fins
Centro Cultural San Fins - Rebordáns (Tui)
590834320_1564184511985500_739234048778195165_n.jpg }08 Dec 2025
07:30PM -
Sumrrá
India Habitat Center - Delhi (India)
590699628_1139913784790860_8245843819584886549_n.jpg }12 Dec 2025
Samesugas
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro
589028230_18544338622017825_8463627320140043523_n.jpg }12 Dec 2025
06:00PM -
Brais das Hortas e Peter Punk
Praza de Abastos - Moaña
588968055_17990148464897330_6778979876451452517_n.jpg }12 Dec 2025
08:30PM -
Traspielas
Auditorio do Concello - Vigo
562215399_1417369770388720_5430743456151396648_n.jpg }12 Dec 2025
09:00PM -
Dioivo + Sicixia + Os Barbosas
Pub Transylvania - Vigo
588345510_886276050421742_6911392982186625296_n.jpg }12 Dec 2025
09:00PM -
Foliadas Abertas do Pichel
Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
1758981042716496-0.jpg }12 Dec 2025
09:00PM -
Yalah Galiza con Palestina
Sala Máster Club - Vigo
590862917_1252537130241046_7385710771177055022_n.jpg }12 Dec 2025
10:30PM -
Branca Trigo
A Arca da Noe - Vilar de Santos
1762942067324673-1.jpg }13 Dec 2025
Sós
Café-Bar Catalina - Neda
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.