Ruxe Ruxe e Zënzar andan embarcados nunha xira neste outono, que terá o seu punto final o vindeiro 26 de decembro no Jatopús de Ordes. A penúltima parada foi no Aturuxo de Bueu, o pasado 12 de decembro. Rock e amizade enriba e embaixo do escenario para a xornada de reflexión.

Hai agora mesmo sete días, a xira de Ruxe e Zënzar, anunciada con cartaces de parellas conflitivas do rock, fixo parada en Bueu. Por alí estivemos varias gzmusiqueiras, algunhas traballando –como podedes ver nas fotos e vídeo de Lety GF e de Xabicas- outras un chisco máis camufladas entre o licor café e o ska. Porque houbo ska e houbo rock e sobretodo bailouse ska e bailouse rock, cunha complicidade entre público e banda que soubo acender moi ben –e moi logo- Ruxe Ruxe e que aínda alimentou máis Zënzar. Tamén as condicións eran idóneas, nunha sala , o Atu, que é o noso Wembley pequechiño e onde as cousas sempre marchan sinxelamente ben e cun público, numeroso, e con moitas amizades e seareiras das bandas con ganas de festa desde o comezo. Máis de tres horas de concerto onde un cento de persoas cantamos e bailamos para pasalo caralludamente e recompoñer corpo e alma un pouquiño. Porque exhorcizar a raiba con Partido Criminal ou botarlle unha cantiga á morte con Teño unha casa no cemiterio sempre senta moi ben.

A orde alterouse para este concerto con respecto ao que foi habitual nos outros concertos da xira, abrindo en Bueu os de Aríns e pechando os de Cerceda. Tamén o Carlos fixo dupla no Aturuxo, tocando o baixo primeiros seus Ruxe e despois cos Zënzar no sitio de Tabe, despois de paparse vintetantos temas en dous ensaios e acabar facéndoo moi ben. Ruxe Ruxe xa avisaban na previa ao concerto: viñan con moitas ganiñas de armar festa e levan unha época moi cómodos no escenario, moi contentos co ben que o Héctor se adaptou ao grupo en poucos meses até o punto de parecer un Ruxe de toda a vida xa. E iso que coller o sitio de Sevi na batería e estar á altura non era doado, pois a pegada que deixou o antigo membro da banda é fonda. Alicerzados na sólida alianza que semellan ter forxado axiña Carlos e Héctor na base rítmica, con Miguel maxistral na guitarra e os máis veteráns coa mesmiña enerxía e presenza no escenario de sempre, a cousa só podía rematar como o fixo, co público en catarse no Rock do país. E para que non digades que lles facemos moito a rosca aos nosos amigos de Aríns –sono e non o podo negar- apuntar que, se ben o público segue a responder, certas partes da parte final, por exemplo o Comercial no que insiren riffs de grandes temas do rock, se nos fan moi repetitivas as que levamos no lombo tantos concertos da banda.

E despois, Zënzar. Saída para fumarlle uns puriños, zoscarlle uns tróspiros rápidos e volta para dentro no segundo tema dos de Cerceda. Coa crew de Ruxe Ruxe animando tamén desde a primeira fila e o ambiente quentiño que lles deixaran, o concerto dos padriños do rock galego foi dos mellores que lles vimos ultimamente. Soaron tan caralludamente ben coma sempre, con Manolo feito un monstro impecable na batera –e inmisericorde, até dúas caixas rachou- e con Paco soberbio na guitarra solista, pero ademais atrapáronnos a todas desde o minuto cero. Son unha maquiniña de facer bo rock, e teñen tal saco de temazos ao longo da súa carreira que, co público entregado de cara como no Aturuxo, a mistura de calidade e e enerxía só podía conducir á festa rachada. Obviamente, o seu estilo non cae tanto cara ao ska coma o de Ruxe –aínda que si lle fan algunha concesión- e a xente decantouse máis polos cánticos, puño e berro en alto, coreándolle os temas no propio micro a Mario ou Bocixa, que ben saben interactuar cos seareiros, ou directamente lanzándose ao pogo, como pasou nalgún intre da actuación.  Festón que acabou nun post-concerto onde amigas e amigos que levaban horas retroalimentando enerxías e ledicias encol e so o escenario parolaron á calor da boa música que tivo o gusto de picar despois Leiro no Atu.

Reflexionen o que gosten e precisen, non sen antes botarlle unha ollada ao fenomenal traballo que fixo Lety GF, pero non deixen de lembrar que a revolución será cantada ou non será.

VÍDEO RESUMO

FOTOS

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="ruxezenzarnoatu2015"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Fotos e vídeo: Lety GF

Texto: Lavesedo

Vindeiros concertos

830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }23 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Negreira
849322528_1541015238065170_4552444256315218672_n.jpg }23 Out 2026
08:00PM -
Foliada en Lisboa
Centro Galego - Lisboa (Portugal)
795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)