Samu ACaracán, acompañado coma sempre dos Tinta Femia, vén de publicar novo disco. Nostalxias é unha compilación dos temas en galego que leva tocando 10 anos pola súa bisbarra, O Morrazo, e arredores. Agora mesmo está inmerso nunha xira de presentación en acústico do disco, que o levou hai uns días até o Aturuxo de Bueu. Neste artigo, o Xabicas fálanos desta estrea do Samu.

O morracense Samu saca traballo, Nostalxias. Nostalxias é unha recompilación das súas mellores composicións en galego, algunha delas xa publicadas en anteriores traballos do cantautor, como o que sacou no 2016 no Toxo Rabudo. 16 cortes, divididos en dúas partes: a primeira electrica acompañado do bateria e baixo dos Tinta Femia (Biktor e Fran) e unha segunda en acústico na que tira de violín, coros e acordeón (Tatiana, Eva e Xesús).

Samu con algúns dos colaboradores do disco na presentación no Aturuxo. FOTO: Xabicas

Samu ACaracán leva dende o 2010 compoñendo e tocando en diversos actos da comarca. Gañou o concurso da Radio Galega Novo Son, gravou un tema cos Ezetaerre no Aspiración mínimas e urxentes e agora vén de gravar o seu primeiro disco e está a presentalo en formato acústico. O derradeiro domingo do 2019 acudiu ao Auturuxo de Bueu, nunha sesión vermú ben animada e concurrida, na que deu boa conta dos temas que conforman Nostalxias

Neste seu novo disco -ou recompilatorio- xunta pezas sobre o cotiá da vida nas aldeas en clave retranqueira na parte eléctrica con outras máis serias na parte acústica, onde aborda a memoria histórica: Valeiro de soños, Memoria e dignidade, Os vencidos ou Foucellas, onde musica un poema de Andrés Pena. Tamén se inclúen nesta parte acústica o tema adicado ao noso amigo e compañeiro Xan Montenegro, Camiños (poema de Sebastián Hermo), ou unha Nana para un ninguén  que lles canta ás persoas refuxiadas que escapan da miseria e das guerras provocadas polo primeiro mundo.

Na parte eléctrica na que fala da vida cotiá, con temas como a Cicloxénese , tema recurrente cando non se sabe que falar co veciño, ou Nostalxias na que  parece que tempos pasados sempre foron mellores, onde o tempo separa as cuadrillas da infancia. Alboio aquel piso de estudante, nun barrio obreiro, que  se convertía no teu refuxio a pesares das malas condicións. Puro Veleno adicado a aquelas historias míticas da noite das aldeas. No corte 5 Pedras contra outros tellados achéganos a historia das lingoreteiras e lingoreteiros da aldea, que nunca pensan que as pedras poden vir devoltas. Narcomuiñeira é un dos temas que máis engancha o público nos directos: se na túa aldea non queda farlopa é que esta toda na Escola Naval. Relaxin cup crítica o despiporre e corruptela nos partidos politicos. Señora , outro dos temas que nos saca un sorriso e recordanos tantas, que se nos colan na cola do súper, na cola do pan... quen non sabe disto? Jodechinchos Go Home , sabemos de que fala, non precisa explicacións. Berramos ben alto, Jodechinchos Go Home!

TEXTO E FOTOS: Xabicas

 

Vindeiros concertos

568371223_1405655088236220_3877173284621157403_n.jpg }04 Dec 2025
Comarea
Muxía
590001532_25971165545819150_5834434545362490427_n.jpg }05 Dec 2025
Nadal Cultural San Fins
Centro Cultural San Fins - Rebordáns (Tui)
556953303_1363220455523000_3615907595679018116_n.jpg }05 Dec 2025
X Foliada da Fonsagrada
A Fonsagrada
1000712619.jpg }07 Dec 2025
11:00AM -
XXVI Festa da Pisa da Castaña
Froxán, Vilamor (Folgoso do Courel)
580713255_1160169792770211_7779240331465932285_n.jpg }07 Dec 2025
07:00PM -
Böj
Teatro Jofre - Ferrol
582295317_122212719548311239_5824247677394156096_n.jpg }07 Dec 2025
07:00PM -
III Cantos de Taberna de Cariño
Cariño
bb996ad1-1c8e-4592-9995-4543716550af-e1764839287913.jpeg }07 Dec 2025
07:00PM -
Zavala + Atalaias de Caión
Teatro Cine Elma - A Pobra do Caramiñal
590001532_25971165545819150_5834434545362490427_n.jpg }05 Dec 2025
Nadal Cultural San Fins
Centro Cultural San Fins - Rebordáns (Tui)
590834320_1564184511985500_739234048778195165_n.jpg }08 Dec 2025
07:30PM -
Sumrrá
India Habitat Center - Delhi (India)
590699628_1139913784790860_8245843819584886549_n.jpg }12 Dec 2025
Samesugas
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro