A banda liderada por José Carballido vén de presentar hai menos dun mes o seu segundo traballo. Muiñeiras metaleiras mais tamén electrónica, rock e até unha orquestra clásica. O novo disco d'A Sombra dos Soños presenta unha sonoridade poliédrica que nace a partir das guitarras eléctricas.

Tras ‘Muiñeira do Areal’ e ‘Muiñeira dos Soños’, as dúas cancións que serviron de adianto do seu novo álbum e que mostran o xeito de entender a convivencia entre o heavy e a música tradicional da banda, A Sombra dos Soños, o grupo que lidera o guitarrista e vocalista Jose Carballido, vén de publicar o seu segundo disco, ‘Lembranzas futuras’. Mais que ninguén agarde un disco exclusivamente de muiñeiras metaleiras. ‘Lembranzas futuras’ é un álbum cheo de sonoridades en torno ao rock –nas súas vertentes máis achegadas ao heavy, ao metal ou ao progresivo–, pero que ademais se apoia, por unha parte, en elementos tomados do substrato da música tradicional galega e, por outra, en achegas da electrónica.

«Eu estudei música clásica e despois sempre fixen rock. O que quixen neste disco foi xuntar todas as miñas influencias e mesturalas, ao meu xeito, con elementos da nosa música tradicional e con algo de electrónica», explica Jose Carballido, quen ademais de compositor, guitarrista e vocalista de A Sombra dos Soños é o gañador da última edición do concurso Recantos, do programa Luar, na Televisión de Galicia.
Alén da incorporación das muiñeiras ao universo do heavy, A Sombra dos Soños tamén integra neste traballo unha orquestra clásica ou elementos do flamenco. O resultado de semellante combinación é sen dúbida orixinal e non vai deixar ninguén indiferente.

O novo álbum confórmano as dúas muiñeiras que serviron de adianto,  ‘A Cantareira’, unha canción introducida por unhas harmonías vocais tradicionais que dan paso ás poderosas guitarras e á voz de Carballido. Tamén ‘Ti es vida’, unha canción cunha letra que afonda no interior dun mesmo dende unha sonoridade que evoca aos grandes e épicos himnos do heavy de vella escola. ‘Quero ser’ abunda nesas mesmas premisas pero achegándose xa ao metal alternativo, cunha contundente base rítmica e un moi persoal tratamento das guitarras.
O disco péchase con ‘O Meigallo’, canción da que tamén sacaron videoclp. Unha canción en que, por primeira vez na carreira de A Sombra dos Soños, a banda conta coa colaboración instrumental dunha orquestra clásica. O Meigallo’ é tamén a canción do disco na que máis patente se fai a achega da electrónica, combinada, iso si en perfecta harmonía coas percusións tradicionais e coas voces de Jose Carballido e de La Reyes, quen colabora neste tema no que ao substrato das raíces musicais galegas se suman tamén elementos das raíces musicais do flamenco, coma as palmas e os taconeos, conformando unha composición desbordante de paixón e sentimento.
Co lanzamento de ‘Lembranzas futuras’, A Sombra dos Soños reafirma a súa personalidade artística e contribúe a abrir novos camiños para a música de raíz feita en Galicia, demostrando que tradición e contemporaneidade poden convivir, dialogar e multiplicarse en fusións, melodías e harmonías inesperadas. ‘Lembranzas futuras’ é, en definitiva, unha celebración da música galega desde o presente, no que a banda abre un diálogo entre o que fomos, o que somos e o que habemos ser.
A Sombra do Soños son: Jose Carballido (guitarra e voz), Diego Lestón (batería), Daniel Añón (guitarra ), José Roca (teclados) e Javier Carrión (baixo).

Vindeiros concertos

788493854_1789868442147297_689821495456622007_n.jpg }01 Out 2026
Concertos do Marisco
O Grove
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }11 Out 2026
Minguante
O Transistor - Bertamiráns, Ortoño (Ames)
827509898_18126535393868833_4614253433653912513_n.jpg }04 Out 2026
San Froilán
Lugo
836859228_970259078817222_4640112500907712120_n.jpg }11 Out 2026
01:30PM -
XI Aniversario Ferror Records
Centro Cívico de Canido - Ferrol
838659630_1143535075256141_8127426283699509661_n.jpg }11 Out 2026
06:30PM -
XXII Encontro Folclórico
Auditorio AV de Lavadores - Lavadores (Vigo)
839590253_1857499855987296_2241447130524440457_n.jpg }11 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
828018365_17888295423682326_7741086903244648892_n.jpg }11 Out 2026
09:00PM -
Lidia India
O Adro - Cangas
825309990_3254952894704225_6830251613356860738_n.jpg }11 Out 2026
09:00PM -
Festinahno
La Fábrica de Chocolate Club - Vigo
788765201_1050225604479312_4663605817616440584_n.jpg }12 Out 2026
Concertos do marisco
O Grove
827509898_18126535393868833_4614253433653912513_n.jpg }04 Out 2026
San Froilán
Lugo