Temas da tradición galega pasados polo filtro de estilos coma jazz, swing, blues, soul, contemporánea, tango ou rock. Esta é a proposta que fai o dúo PeLdeNoZ en jazz & trad, o seu primeiro disco autoeditado, que está a chegar estes días ás tendas e que se pode escoitar tamén na rede. Alonso Caxade ao acordeón e Alberto Rodríguez ao contrabaixo abordan un total de nove temas entre os que se poden atopar clásicos como Carolina ou Tóupele, aínda que moi transformados. Escóitao no interior!


Parella de baile estraña, acordeón e contrabaixo para unha revisión do cancioneiro de Schubarth sorprendente. Lémolo nesta magnífica crónica e entendemos que define moi ben a música de PeLdeNoZ: "a tradición nin se crea nin se destrúe, transfórmase"