A relación de Kepa Junkera co noso país vén de lonxe. Hai anos que o trikititxari vasco nos visita, nomeadamente no verán, até o punto de se converter nun clásico que ten pasado por festivais como a Festa da Carballeira de Zas, o Festival de Pardiñas ou outros históricos como o Herba e Son de Liméns. Agora, da man do selo galego Fol Música, Kepa Junkera deita nun disco-libro todas estas vivencias e tamén as amizades musicais que foi facendo no país durante este tempo. Velaí, a trititixa euskalduna a carón de gaitas e outras herbas galegas, con Kepa Junkera arroupado por até 20 artistas e agrupacións do país.

Kepa Junkera edita co selo galego Fol Música o proxecto máis ambicioso da súa carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional do país. Galiza sairá á venda o vindeiro 19 de novembro.

Neste traballo a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical Galiza-Euskal Herria tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de Kepa.

Galiza conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Entrevista (breve) en EiTB.com a Kepa, Budiño e Uxía

{fcomments}

Vindeiros concertos

749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
779842583_1511208527718173_9040372768246417128_n.jpg }25 Ago 2026
Festas de San Bartolomeu
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
779842583_1511208527718173_9040372768246417128_n.jpg }25 Ago 2026
Festas de San Bartolomeu
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
782599213_27643494828666077_5555947664295935009_n.jpg }26 Ago 2026
07:00PM -
As Tareixas
Biblioteca Pública Municipal - Ponte Caldelas
706188401_18449682028118994_1584780685745276143_n.jpg }27 Ago 2026
Arredas Folk Fest
Tregosa, Barcelos (Portugal)
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas