Os Vacalouras veñen de subir ao bandcamp o seu segundo traballo, o EP Eres punki i non o sabes. O disco foi gravado en xullo do ano pasado e para celebrar que levan vendido xa máis da metade da tirada física, agora soben á rede 5 dos seus temas, que podes escoitar e descargar de balde. Só hai que asistir a un dos seus concertos para entender que Os Vacalouras son unha banda de directo, mais paga moito a pena tamén escoitalos enlatados. Punk sen complexos, pingas de ska, irreverencia e un pouso moi rocanroleiro pairando por todo o disco. Puro Pataca'n'roll. Dálle unha escoita!


Punk de toda a vida, Las Gaviotas Asesinas, A Señora Maruja, rock con actitude punk, Desbrozadora, Hoxe durmes co can ou o ska-punk-rock d'O show da bañeira. Música non apta para ben pensantes e persoas politicamente correctas.

Desde osvacalouras.bandcamp.com podes descargar de balde 5 temas. Por 3€ accedes á descarga do EP completo, os cinco temas máis unha intro, un bonus track e o libreto. E lembra que se o prefires, podes mercar a edición física nas tendas de música do país ou nos concertos da banda.


{fcomments}

Vindeiros concertos

845653492_18481801459117335_5175430342770525040_n.jpg }16 Out 2026
Culturgal Expandido
Muros
821223494_3443122332527631_2737291816677584176_n.jpg }16 Out 2026
VIII Nos Seus Pés
Praza do Corgo - O Grove
836333662_1110479271705422_8066417261108706878_n.jpg }16 Out 2026
XXV Feira Histórica 1900
Arteixo
795431244_1714432687357032_7979846278454184599_n.jpg }18 Out 2026
07:00PM -
21º Ciclo de Coros Galegos
Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
846052707_1864894134678627_6958343547846064553_n.jpg }18 Out 2026
08:00PM -
Mercedes Peón + Clara Peya
Teatro Colón - A Coruña
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }18 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
825340763_1139853172316835_4099096475273801725_n.jpg }21 Out 2026
09:30PM -
Pablo Sanmamed Quartet
Filloa Jazz Club - A Coruña
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }21 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }23 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Negreira
849322528_1541015238065170_4552444256315218672_n.jpg }23 Out 2026
08:00PM -
Foliada en Lisboa
Centro Galego - Lisboa (Portugal)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.