Secho y los invisibles seguen metidos de cheo na pequena xira de presentación de "Xa fai un tempo", o seu disco de estrea. Andaron no mes de novembro pola Coruña, Vigo, Compostela e Melide e van estar en decembro na Arca da Noe en Vilar de Santos e mais na sala A Real de Aguiño. Falámosvos un pouco deste disco e de paso deixámosvolo para que lle peguedes unha escoita.  

 No mes de xuño, unha outra proposta do selo Discos da Máquina estreou novo disco. Neste caso, trátase do traballo de estrea pois Secho y Los Invisibles non gravaran nada alén de colaboracións en discos de homenaxe ou algunha maqueta até este Xa fai un tempo (Discos da Máquina, 2016) que presentaron o día 17 de xuño na Casa das Crechas compostelá. Despois de sete anos de andaina, Sergio Castiñeiras, Secho, veciño e músico de Dodro, decidiuse a pasar polo estudio acompañado dos Invisibles, para a ocasión visibilizados como Roi Castaño  á batería, Benjamín Vázquez á guitarra eléctrica e mais Araújo ao baixo aos que se suma o propio Secho, voz, guitarra acústica, acordeón e harmónica. Os Invisibles, xa que logo, deixan de facer honor ao seu nome pois o normal nos primeiros anos de andaina de Secho era que el defendese en solitario os seus temas no escenario, velaí a xogadela do nome. A corporeidade dos Invisibles permite ampliar a proposta musical de Secho e así o seu rock-folk, con moito peso do pop e un pouso de canción de autor proveniente daquela época, gaña en matices e forza ao vivo. Teredes ocasión de comprobalo cando menos nas dúas datas que restan da xira de presentación do disco: 5 de decembro na Arca da Noe, Vilar de Santos, e 17 de decembro na sala A Real de Aguiño. Pero antes non deixes de escoitar o disco de estrea de Secho y los invisibles.

{fcomments}

  

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre