Milesios apresentan segundo traballo, Indoevindo (2017). Unha nova viaxe, velaí o nome, entre as músicas tradicionais galega e irlandesa. Os netos de Breogán sacan este segundo traballo 4 anos xustos despois da súa estrea Alén mar, tamén inspirada no folclore das dúas nacións celtas. Pégalle unha escoita!

No Lebor Gábala Érenn, o Libro das Invasión que recolle as lendas da fundación de Irlanda, fálase da ben coñecida lenda de Breogán, o fundador da nación céltica galega, que construíu unha xigantesca torre en Brigantium desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda e decidiu conquistar aquela illa verde. Porén, e menos coñecida a continuación da historia, que conta como despois da morte de Ith a mans dos Tuatha De Dánann e da volta do seu cadáver a Galiza, o seu sobriño Mil e seus homes, os milesios, embarcaron cara a Irlanda e venceron os Tuatha De, confinándoos ao subsolo irlandés onde aínda moran hoxe, converténdose deste xeito Mil e os seus fillos nos devanceiros dos actuais habitantes de Eire.

Desta lenda tomou o nome a banda luguesa Milesios nacida no 2009 cando un grupo de amigos se xunta para pór a nota tradicional no Penela Rock de Monforte. Unidos pola súa afección ás músicas galega e irlandesa, editan en febreiro de 2013 o seu disco de estrea, Alén mar. 4 anos despois presentan o seu segundo disco, Indoevindo gravado, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero. O traballo continúa a explorar as relacións entre a música galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia.

A principal mudanza deste traballo respecto ao anterior é a incorporación da voz en catro das pezas. Tres destas pezas son adaptacións de cantos tradicionais e na cuarta, Milesios pon música ao poema Anceio, publicado en 1954 por Manuel María dentro do libro Advento.

O novo traballo de Milesios componse de 11 temas que queren ser un concerto itinerante. Despois destes once temas que conforman o concerto, atoparedes unha paisaxe sonora, creada sobre unha idea de Daniel Díaz, que evoca o noso ir e vir cotián e contén os ecos do concerto recén escoitado. Para finalizar o concerto, ofrécennos unhas xotas de propina. E como non hai xota sen muiñeira, tamén atoparedes unhas muiñeiras para rematar bailando.

En total, o CD contén case unha hora de música que se insire nas paisaxes que se repiten, sempre distintas, indo e vindo, das fotografías de Daniel Díaz Trigo.

Os Milesios son:

Maite Veiga: voz, percusións, baixo.

Marta Portela: voz, pandeireta, e outras percusións.

Manuel Mª Veiga: bouzouki, mandolina, frautas, clarinete, gaita, acordeón, guitarra,

baixo.

Manuel do Moucheiro: guitarra, bodhrán.

Noelia Fersán: gaitas, frautas, percusións.

Paula Veiga: violín, mandolina.

Senén Montero: acordeón, tamboril, batería, bodhrán, gadaña e outras percusións.


Aquí che queda o seu novo disco:

{fcomments}

Vindeiros concertos

730420884_1337790048570468_6286346550883443914_n.jpg }26 Xun 2026
Festas de Bandourrio
Ribeira
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
727834649_3142290562632227_1320068242635876020_n.jpg }26 Xun 2026
Rural Fest 3º Olimpíadas Rurais de Galicia
Praza Andón Cebreiro - Friol
semana-cultural-de-mañufe-gondomar_img46928n1t0.jpg }26 Xun 2026
VI Semana Cultural de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
730722992_18433133908133304_6840807100531077879_n.jpg }26 Xun 2026
08:00PM -
Charo Pita & Xoán Curiel
Centro Cívico Sociocultural - A Igrexa, As Somozas (As Somozas)
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo