Eladio y los Seres Queridos saldan unha débeda coas cancións da súa infancia co seu novo disco, Cantares, presentado a finais do ano pasado. Un paseo pola banda sonora que soaba nos radiocasettes dos coches da Galiza de hai 40 anos, que permite lembrar ou descubrir xoias da música pop en galego. 

Nos anos 70 e 80 do século pasado, as fins de semana arrecendían a tortilla e bisté empanado. Camiño da aldea ou camiño da praia, as familias viaxaban amoreadas naqueles vellos coches onde a seguridade era unha utopía e as novas tecnoloxías resumíanse na dirección asistida –con sorte- e o reprodutor de cintas de casette. Aquelas peregrinaxes tiñan até o seu cerimonial propio: o atasco para cruzar Ponteareas ou para volver de Baiona á tardiña; as dúas horas sen se bañar para facer a dixestión e permitirlles aos pais botar a sesta ou a partida a gusto, por exemplo. Posuían tamén unha banda sonora de seu. Luis Emilio Batallán. Fuxan os Ventos. Emilio Cao. A Roda. Milladoiro. Xil Ríos. Voces Ceibes. Andrés do Barro. O primeiro folk que antecedeu ao estourido dos 90. Tamén a canción de autor e un pop que, curiosamente, malia o éxito que acadou non tivo continuidade até a segunda década do século XXI. Porque, tras anos de vivir practicamente de costas ao pop, hoxendía son numerosas as propostas que, provenientes do folk, viraron cara a ese estilo e están a crear unha especie de nova música popular galega: Caxade, Guadi Galego ou Sonia Lebedinsky son bos exemplos disto. Tamén hai outras, Ataque Escampe, Chicharrón,…, que transitan distintos camiños que se poden encadrar na música pop. Porén, agora Eladio y los Seres Queridos véñennos ofrecer unha alternativa diferente. Cantares (Autoeditado, 2016) propón unha viaxe directa e nostálxica a aquelas casettes que os acompañaban nas viaxes da infancia. A formación, que xa tiña incluído algún tema na nosa lingua nos seus dous anteriores traballos, mergúllase de vez no pop cantado en galego dos 70 e 80 para anovar unha listaxe de hits da época. Fano, como eles propios din na espartana contracapa, para saldar unha débeda coa súa infancia. Para lles faceren un agarimo aos pais e aos fillos. E conseguen regalarnos a todas un traballo que entra cunha facilidade absoluta e non só porque a baza emocional, para os que viviron aquela época, e a escolla de temazos obviamente axuden senón porque as versións son realmente boas.

Videoclip de Fonte do Araño

A opción comedida para “Teño saudade de ti” de Andrés do Barro, “Meu amor é mariñeiro” levada marabillosamente a territorio indie, a rompedora “Fonte do Araño” que abre o disco e colle aires de himno pop sen perder a personalidade que lle deu Emilio Cao, até a instrumental “A bruxa” de Milladoiro gaña en matices despois de pasar por Eladio e os seus Seres Queridos –Marcos, Uka e David- e coller feituras do seu xeito de entender a música. Quizais sexan os temas máis folkies, “Fonte do Araño” de Emilio Cao, as dúas cancións de Fuxan os Ventos, “Meu amor é mariñeiro” e “Cantiga de amigo”e as dúas de Milladoiro e Antón Seoane, “A Bruxa” e “Camariñas” as que máis sorprendan pola mudanza que sofren, mais o disco aínda garda algunha sorpresa agradable máis, o “Havemos ir a Viana” popularizado por Amalia Rodrigues ou o “Flor da Murta” de Luis Cilia –autor do popular “Avante camarada”, himno non oficial do Partido Comunista Portugués- cantado coas Donicelas, poñen o contrapunto de alén do Miño. Hai oco tamén para “Marín por ti”, que chegou a cantar Sara Montiel no filme Mi último tango (Luis César Amadori, 1969). E, sen dúbida, un dos momentos álxidos é o “Quen poidera namorala”, no que colabora Ari Magritte. Tema de Luis Emilio Batallán –ao que xa lle versionaran “Agardarei” na edición dixital do seu anterior disco-, tantas veces machucado en concursos de TV ou torreiros da festa e que só en versións coma esta, ou a que fixo Xoel López hai uns anos, recolle toda a forza e beleza do orixinal. 

Este artigo apareceu publicado na versión en papel do FdC do 5 de febreiro de 2017

TEXTO: Lavesedo

{fcomments}

Vindeiros concertos

585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
uxia-xira25.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
Uxía
Auditorio do Pazo da Cultura - Carballo
577578018_695376560288067_47545943449353578_n.jpg }28 Nov 2025
09:00PM -
A Pedreira + Faia + Felissa Segade
Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra
584882342_1146221611051387_4909839680923644709_n.jpg }28 Nov 2025
09:30PM -
Noxxo
O Buril - Sarria
588617408_1271245561695704_4922521854846722635_n.jpg }28 Nov 2025
10:00PM -
Foliada en Compostela
A Nave de Vidán - Santiago de Compostela
571352046_1224921929669233_3571719526673220335_n.jpg }28 Nov 2025
10:30PM -
Furanchology
A Arca da Noe - Vilar de Santos
577178237_10162048413110913_4125717688305386834_n.jpg }29 Nov 2025
A Candeloria Pista Extra Vol.2
Pazo de Feiras e Congresos - Lugo
585768104_1338024458336140_2878227062180881234_n.jpg }28 Nov 2025
Festas de Santa Catalina
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
564599136_10224860224573305_4805494553223015416_n.jpg }29 Nov 2025
Retrofoliada
Torrecino de Cela - Cela (Bueu)
581958004_1262590715903630_4376138395313631405_n.jpg }29 Nov 2025
XXXV Semana da Música da Terra de Melide
Centro Sociocultural Mingos de Pita - Melide