Seguimos tentando poñernos ao día paseniño, así é que, aínda que veña con demora, aquí vós queda a crónica que recibimos da XXXV edición da Festa da Carballeira de Zas. Para que vos vaiades mentalizando en acudir o próximo ano. Na Carballeira a tarde estivo chea de actividades, coa asistencia máis alta dos últimos anos.

A primeira noite da festa da Carballeira comezou chea de maxia e con miles de asistentes. Nun entorno inigualable no que se leva celebrando a festa nos últimos 35 anos, a Carballeira de Velar de Zas, o público gozou coma nunca dun cartel que se supera ano tras ano. As 22h da noite, o percebeiro, actor, guionista e escritor, Suso Lista, dou o tiro de saída ó comezo de actuacións no escenario Estrella Galicia, escenario principal da 35 edición da festa da Carballeira. Suso recordou os seus anos como asiduo a esta festa.

Os primeiros en abrir o espectáculo, Pelepau, con cancións tradicionais, e unha posta en escena fantástica fixeron a delicia dos asistentes, enchendo o festival de música tradicional. Estes deron paso a irlandesa Niamh Ní Charra, unha música prodixio que empezou a tocar só con 4 anos e amosou a súa destreza co violín, cantando en inglés e irlandés. Un dos pratos fortes e máis agardados da noite era SES, que coa súa peculiar enerxía, letras e ritmo, fixo que tódolos asistentes da Carballeira se moveran o son da súa música e acadandoboa conexión co público. A galega deu paso aos The Fatty Farmers, que pecharon o primeiro día do festival con máis enerxía.


O sábado da 35 edición da Carballeira contou con diferentes actividades desde a apertura das portas. Ás 14 horas empezou a chegar o público, que puido gozar da sesión vermú, servida por un cocteleiro profesional que ofrecía aos asistentes o perfecto serve dun vermú galego.

Os espectadores puideron gozar de diferentes actividades ao longo do día, que fixeron as delicias de nenos e maiores. Para acompañar a sesión de vermú, 400kg de mexillóns foron servidos de balde aos alí presentes. Mentres degustaban o fantástico produto galego podían observar el traballo de Marcos Mariño, escultor que realiza talla con motoserra, capaz de converter un tronco de unha árbore en la figura de Goku, protagonista das camisetas da 35 edición da Carballeira.


Outra opción para os presentes era a Feira de Artesanía, co maior número de postos de toda súa historia, artesáns da pel, creadores de instrumentos musicais, postos de libros antigos ou produtos alimenticios, son só algunha mostra do que se podía encontrar hoxe en Zas.

Os máis pequenos contaron cunha zoa infantil, na que ademais dos típicos inchables podíanse atopar con xogos tradicionais, tales como: lanzamento de ferradura, taboleiros de damas feitos con lousa e madeira, tres en raia, con lousa, abelás e améndoas. Crebacabezas de madeira ou ioiós de caña fixeron gozar en grande aos máis pequenos, que foron sen dúbida os que máis gozaron de esta festa enxebre e tradicional.

A sesión da tarde estivo amenizada por diferentes músicos: Caxade, Os Farrapos e Cé Orquestra Pantasma, este último un clásico das tardes da Carballeira dos últimos anos, que ten a capacidade de meterse o público no peto dende o primeiro segundo das súas peculiares actuacións. A continuación, deuse paso a tradicional foliada, na que participaron grupos procedentes de zoas da Costa da Morte. Saíron da praza do concello para chegar á Carballeira de Velar, onde tocaron durante varias horas.


A tarde deu paso á noite, que comezou co listón moi alto, da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Este grupo realizou unha actuación máxica, perfecta e chea de música tradicional que fixo a delicia de todos os alí presentes, en parte gracias á hipnótica voz de Xabier. A continuación, comezaron os nipóns Harmonica Creams, que sorprenderon o público zasense coa súa peculiar e coidada forma de entender o folk, coa súa guitarra, harmónica e violín. Un dos grupos máis esperados eran os escoceses Mànran, que se meteron a xente no peto dende o primeiro momento e ata o final da actuación. O broche de ouro da noite veu da man de Astarot. As súas cancións roqueiras, con letras de recoñecidos poetas galegos, como Rosalía ou clásicos como “Sementar sementarei” ou a “Rianxeira” deixaron o mellor sabor de boca posible para os festivaleiros presentes na Carballeira.


Esta 35 edición, cerrouse con un ambiente e entorno máxico e cun número de asistentes e seguidores en crecemento, sobre todo nos que chegan dende fóra de Galicia. Algún dos comentarios que se podían escoitar entre os asistentes era “esta Carballeira é posiblemente a mellor de todos os aos”.

Vindeiros concertos

656873453_936502832086705_5892457802773672080_n.jpg }30 Mai 2026
Festa do Boi
Allariz
702487412_1402242221941733_7935464418755134823_n.jpg }29 Mai 2026
Festa do Peixe
Bande
706134511_1381686480651543_3123029993361332245_n.jpg }30 Mai 2026
LVIII Festa da Troita
Ponte Caldelas
Cartel-Feira-da-Empanada-das-Nogais-26-600x847.jpg }30 Mai 2026
XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares
As Nogais
festa-do-labrego-de-vilariño-cambados_img4053n1t0.jpg }30 Mai 2026
XLIII Festa do Labrego
Vilariño (Cambados)
703906906_1312700457670547_5050642381357101192_n.jpg }31 Mai 2026
11:30AM -
Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites
Ordes
689909914_1088583571004863_2916270623792594949_n.jpg }31 Mai 2026
01:00PM -
II Festa do Centenario
Rábade
1777109004184893-0.jpg }31 Mai 2026
01:00PM -
Davide Salvado
A Casa da Memoria - Xullán, Tuimil (Bóveda)
708959008_18469167148102696_5586373996370314845_n.jpg }31 Mai 2026
01:00PM -
Dé Primeira
Rúa San Xoán - A Coruña
708715252_18326960614271568_3246057877784362384_n.jpg }31 Mai 2026
05:30PM -
Uxía Lambona e a Banda Molona
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas