Por méritos propios e a base de bo traballo, o OurenRock está a se afianzar como unha interesante proposta no saturadísimo verán festivaleiro galego. A aposta por unha data moi temperá, a presenza nos cartaces das 4 edicións celebradas de bandas consolidadas tanto do panorama galego coma do estatal, o idóneo da localización en Bemposta,... todo suma para armar este gran festival ao que volvemos ir máis unha vez. Crónica de S. Murias e vídeo de Martín Rodas para vos traer un petisquiño do que alí aconteceu.

Aínda maio non chegara ao 40, de feito apenas pasaba do 30, cando a tribo festivaleira galega foi tomando de vagariño pero inexorabelmente a Cidade dos Muchachos de Bemposta. Non o facían -afortunadamente- como aqueles que chegaban á Cidade na noite, hai anos, fuxindo das innumerables gadoupas do franquismo feixista. Non tal. Afortunadamente, o motivo era ben máis prosaico: esa fin de semana tería lugar alí a cuarta edición do OurenRock Sound.

Sexta feira, 31 de maio

A edición deste ano apresentaba un cartaz ecléctico, cunha mestura de estilos impropia doutras edicións festival, pero sobre todo tróuxonos un festival maduro e asentado, que foi mellorando cos anos para se establecer como unha referencia imprescindible do verán festivaleiro galego. Si, a pesar de se realizar na primavera.

O duro labor da apertura do festival recaeu no grupo local Mitocondrias. Banda con máis de 20 anos de experiencia que co seu bluesrock americano conseguiu atraer pouco a pouco os festivaleiros até o recinto.

Após a actuación de Mitocondrias foi a quenda de Tregua e despis un dos platos fortes da noite, Boikot. No directo dos españois puidemos ver a última incorporación do grupo, Julio - ex La Raiz- . A actuación non defradou, cancións coñecidas por todos, ritmos bailables e confetti para darlle cor.

E xa como ven sendo habitual nos festivais galegos polo escenario do Ourenrock tamén pasou Zoo. A actuación dos do Levante foi na liña de calquera das que puidemos ver nos últimos anos en calquera festival. Soa aburrido, pero non hai dúbida de que segue a mover sen parar a xente. Se es dos poucos que aínda nos os viu en directo aquí tes un vídeo da súa actuación.

 

Unha das sorpresas da noite foi Bemba Saoco. Encargados do peche do primeiro día de festival. Ritmos fusión con base electrónica moi bailables que che facían mover o corpo sen parar durante todo o concerto.

Sábado, 1 de xuño

Amencía xuño en Bemposta e facíao baixo un sol esmagador. Pouca sombra onde se gorecer e pouca cousa que facer até os concertos comezaren. Agradecer ao festival as duchas do camping que servían para refrescarse e afastar un pouco a sensación de calor. Xa pola tarde abriuse o recinto do festival e alí podías desde cortar o pelo até facer un copo de barro personalizado co que ser o mais molón na noite durante os concertos.

Por volta das sete e media da tarde, as rapazas de Cuarta Xusta loitaban contra o sol e subían ao escenario. O público entregado amoreábase nas poucas zonas de sombra do recinto. O certo é que o sol non foi impedimento para gozar do gran concerto que estaban a dar. Para nós, a banda levou unha grandísima evolución desde a ultima vez que as viramos no Revenidas.

Xa en plena noite chegou o que se podería considerar o cabeza de cartaz do festival, La Pegatina. Como vén sendo costume unha morea de xente ateigou o recinto para bailar e cantar baixo mais toneladas de confeti.

E mantendo o nivel de festa, os Dakidarría tomaron o escenario para que a cousa non decaese. De volta un público entregado que cantaba e facía pogos ao son dos temas xa míticos e mais tamén coas novas cancións.. Outra das sorpresas do festival foi a aparición no escenario da rapeira viguesa High Paw para cantar por primeira vez en directo o novo tema do grupo no que colabora, Seguimos en Pé.

O gran peche do festival recaeu no grupo da vila do Tea Rebeliom do Inframundo. A crew de Pontakas recolleu o testemuño de Dakidarria e non deixaron ninguén sen dar brincos no festival. Un peche cheo de enerxía, bailes e moito lume.

Até o ano que vén!


VÍDEO: Martín Rodas

TEXTO: S. Murias

Vindeiros concertos

746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748948218_2230127057822241_1801890327444215056_n.jpg }26 Xul 2026
Festas de Santa Ana e San Xoaquín
A Lama
752723784_2443712599441093_8920749392336009056_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Vilaño
Vilaño (A Laracha)
731099171_18378959749200021_7967506081355086727_n.jpg }27 Xul 2026
09:00PM -
Festival Internacional de Coruxo
Campo do Vao - O Vao, Coruxo (Vigo)
739931434_1700433874995378_1055915598064898806_n.jpg }27 Xul 2026
09:00PM -
Terapia de Grupo
Rúa dos Viños - Portonovo, Adina (Sanxenxo)
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
748883154_4604330733182515_8247800653868826378_n.jpg }28 Xul 2026
XVIII Cancións dos Nosos Barrios
Finca de San Roque - Vigo
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela