Voltamos máis un ano ao Morrasound. Bo ambiente, mellor música e as ganas de sacar un festival adiante da xente da Asociación Sociocultural Fontenla, coas que non poden nin a chuva nin as treboadas. Aquí vos queda un bo feixe de vídeos de Martín Rodas acompañados dunhas letras de S. Murias para vivirdes (ou revivirdes) o que aló se coceu.


Desta vez o rock desembarcaba na casa, e achegamonos ata Moaña para desfrutar da festaza que os compañeiros da Asociación Cultural Fontenla tiñan preparada para a 4ª edición do festival Morraosund. Alí atopámonos con dous días de boa música, unas vistas privilexiadas da ria e este ano con circo como novidade.

Os encargados de abrir o festival foron os Lelli Kelly´s, xogaban na casa e saíron a gañar, un concerto cheo de enerxía e ritmo electrizante co que fixeron vibrar aos seus veciños.

Seguiron repartindo caña os Kings of the Beach, no que foi o seu segundo concerto no país tras a súa xira por México.

Puña o peche dos concertos a mítica banda o Funkillo, quen repasou os grandes exitos da súa carreira co seu novo formato.

O sábado amencía co peor prognóstico posible, a choiva establecíase no mirador da Fontela e ameazaba con quedarse, isto supuxo uns cambios na programación pero non desanimou aos festivaleiros ali presentes con ganas de festa. Baixo a chuvia tocoulles tocar aos vigueses Spoonful coa súa mestura de blues e hard rock dos 70, e a agardada Lou Reyes Band co seu Rock¨N¨Roll ranchero, cun publico entregado que movíase baixo unha capra de escenario en escenario guiados por Petter Punk.

Mentres a choiva persistía nas carpas do festival tiñan lugar as actuacións de circo de Patty Diphusa e Piscore, ata que por fin abriu e podemos desfrutar tamén das acrobacias de Kanbahiota troup e do concerto de Yo Diablo

Xa co tempo a favor subiron ao escenario principal os Familia Caamagno, con novo espectáculo cheo do rock ao mais puro estilo caamagner, que non deixa a ninguén sen brincar, no que pode ser un dos mellores directos do pais nestes momentos.


O Rhythm and Blues de The Limboos fixonos continuar coa festa, cunha música instrumental que se mete no corpo e non podes evitar seguir cos teus pes.

Coa chegada da noite subían ao escenario un dos cabezas de cartas do festival, os ingleses The Brew, cunha larga traxectoria e mais de 10 discos as súas costas, puxeron a rockanrolear aos asistentes a este Morrasound.

Recollendo o testemuño de The Brew voaban dende Canarias Los Vinagres cun rock valcanico con matices de verbena e moi bo rollo.

A Xira dos Malditos dos lugueses Arrhythmia tomou o escenario do Morrasound, que puxeron un peche glorioso ao festival, neste concerto constatamos a gran evolución dos arrhythmia nos últimos anos e ver como se fixeron totalmente co público a pesar de ser o último grupo do festival.

VÍDEOS: Martín Rodas

TEXTO: S. Murias

Vindeiros concertos

revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
749329974_1499192025579311_4364612909478775194_n.jpg }11 Set 2026
Festas da Guadalupe
Rianxo
785560958_18013212938937242_690819728459238229_n.jpg }11 Set 2026
Hola Nola Lab Fest
Goián (Tomiño)
705102575_1593338709388767_2786134694936055855_n.jpg }11 Set 2026
IV Festival Vigo Metalheads
Pub Transylvania - Vigo
revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
747695210_1686254690172690_5505391561080541538_n.jpg }11 Set 2026
07:30PM -
XXV Folk de Raíz
Callobre (A Estrada)
800130815_1348888703689872_1785835592654292084_n.jpg }11 Set 2026
08:00PM -
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Muxikebarri Zentroa - Getxo, Bizkaia (Euskal Herria)
799210782_1614046244067779_3357019933877422041_n.jpg }11 Set 2026
09:30PM -
Modulador de Ondas
Café Uf - Vigo
785364106_1099109582484295_6304968180514140841_n.jpg }11 Set 2026
10:00PM -
IV Festival Peregrino Encontros no Camiño
Praza do Concello - Baiona
795438888_2237332796844171_6501163786218801341_n.jpg }11 Set 2026
10:00PM -
Furanchology
A Arca da Noe - Vilar de Santos
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.