Antrospinos 2019. Xa nos tocaba ir volvendo por Taragoña, un dos festivais que máis nos presta por localización, escolla de bandas e o moito que o traballan ano tras ano. Desta volta, as dúas xornadas -26 e 27 de xullo- celebráronse en Campo Maneiro, reunindo unha interesante escolma de bandas galegas e foráneas. Velaquí che queda unha pequena crónica e un bo feixe de vídeos cos concertos desta edición do Antrospinos.

Tras varios anos sen poder ir, voltamos a Taragoña ao Antrospinos. Este ano presentábanos un cartaz potente que xunto co bo ambiente e o espazo no que se celebra fixo que non puidésemos resistirnos. Nesta edición tomou o relevo as novas xeracións de Taragoña, cunha asociación renovada. Como novidade este ano o venres os concertos xa tiñan lugar no escenario principal de Campo Maneiro, en lugar de polos bares de Taragoña coma en pasadas edicións, o que fixo que o venres comezase con grupos grandes e potentes.

The Lelli Kelly´s abriron o festival, sumando outro festi mais onde poder velos este verán, cousa que recomendamos, xa que estar a ser o grupo revelación deste verán, punk rock directo e moitas gañas de montar unha boa festa.

Tras pasar polo Antrospinos no 2010 e tras cinco anos sen tocar no país, volvían a subir ao escenario os franceses Funky Style Brass, disfraces actualizados pero co ritmo de sempre, os franceses manteñen a mesma enerxía e o mesmo funk que encadilou ao público hai nove anos. Mellor velos:

Pecharon a noite os toledanos Balkan Bomba, encheron o escenario de cor laranxa e unha loucura que se contaxiou por todo o festival, un grupo do que xa nos enlouquecera o ano pasado no Revenidas e que se aínda non viches terás unha nova oportunidade no Armadiña Rock.

A mañá do sábado comezaba lentamente, recuperándonos da festa e dos bailes do dia anterior, pero o festival non paraba e no torreiro da festa o dj animaba a sesión vermú e a comida popular coa que coller forzas para un dos pratos fortes do Antrospinos, a Matraquillada.

Paseo ata a praia en matraquillo, ruta polos bares e volta a Campomaneiro onde xa nos esperaba outro clásico do Antrospinos, De la Cruz Show e outros camiño de facerse un clásico do festival, a Orquestra Neverloura, arrasaron o ano pasado no festival e non lles quedou outra que voltar. Dende Abelgrado chega este grupo, unión dos Vacaloura e Neverside, o dobre de instrumentos para o dobre de diversión, versións das cancións míticas da verbena con cancións do xabarín con clásicos galegos, porque todos sabemos que aos punkis gústalles tanto a Panorama como a Ritmo Joven pero non van, porque son punkis. Unha bomba de Xil Ríos con La Mayonesa. Que podería saír mal?

Dende Valencia tomaba o escenario o rap feminista das Machete en Boca. Laprima, Mamasan e Lacharli, co seu disco “A machete voy” e seu estilo duro, directo e con raiba fixéronse co Antrospinos.

Coas novas cancións do seu próximo disco, cancións que todos coñecemos e moito blablabla, pasou o furacan Terbutalina e non deixou todo patas arriba.

Pecharon o festival os NAO, a súa xira despedida non podía saltarse o Antrospinos, un repaso pola súa discografia con varias colaboracións. Aínda quedan moitos festivais nos que podes velos, pero se realmente queres despedilos como merecen anota no almanaque o 7 de decembro, onde farán o concerto despedida en Compostela e que promete ser un dos concertos do ano.

Como crítica destacaríamos o tema dos ecovasos, non se debe tentar sacar carto do concepto do vaso ecolóxico que é precisamente para reducir a cantidade de plásticos. Neste festival só se permitía o uso do vaso do festival aínda sendo igual ao doutros festivais e non se permitía nin devolución nin cambio entre tamaños de vasos, tendo que mercar innecesariamente. Agardemos que tomen nota para a vindeira edición.

Quedamos con ganas da seguinte. Longa vida ao Antros Pinos!!!

Vindeiros concertos

revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
749329974_1499192025579311_4364612909478775194_n.jpg }11 Set 2026
Festas da Guadalupe
Rianxo
785560958_18013212938937242_690819728459238229_n.jpg }11 Set 2026
Hola Nola Lab Fest
Goián (Tomiño)
705102575_1593338709388767_2786134694936055855_n.jpg }11 Set 2026
IV Festival Vigo Metalheads
Pub Transylvania - Vigo
revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
778124130_2067778903825514_8462059741262263172_n.jpg }11 Set 2026
XII As Cores do Outono
A Pobra do Brollón
747695210_1686254690172690_5505391561080541538_n.jpg }11 Set 2026
07:30PM -
XXV Folk de Raíz
Callobre (A Estrada)
800130815_1348888703689872_1785835592654292084_n.jpg }11 Set 2026
08:00PM -
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Muxikebarri Zentroa - Getxo, Bizkaia (Euskal Herria)
799210782_1614046244067779_3357019933877422041_n.jpg }11 Set 2026
09:30PM -
Modulador de Ondas
Café Uf - Vigo
785364106_1099109582484295_6304968180514140841_n.jpg }11 Set 2026
10:00PM -
IV Festival Peregrino Encontros no Camiño
Praza do Concello - Baiona