Unha carpa instalada a máis de mil metros de altura. Circo, música, obradoiros e bo ambiente. Fomos até Paradela, no concello de Manzaneda, para gozar coa cuarta edición do festival A Rebusca. Despois dunha xornada chea de actividades, os concertos de Kussondulola, Figli di Madre Ignota e Dios Ke Te Crew puxeron o ramo a un festival que achega a mellor música, -do país e de fóra-, até o Macizo Central Ourensán.


A cousa foi con algo de atraso, -fallou a luz e tivo que vir un xerador desde Ourense-, pero finalmente todo rodou como debía. Os primeiros en saír ao palco foron os angolanos. Kussondulola son ben coñecidos no país despois de participar nos 90 nos discos do Xabarín Club. De feito, moitas e moitos dos que sábado gozaron co concerto foron nenos que medraron a escoitar a súa música na TV. O grupo viña apresentar novos temas até A Rebusca, mais foron os clásicos da banda os máis aclamados polos asistentes.

Despois de Kussondulola, e tras un cambio máis longo do habitual por mor dos problemas eléctricos da tarde, saíron ao escenario os Figli di Madre Ignota. A espera pagou a pena pois o grupo milanés, -os menos coñecidos para a maioría dos aló congregados-, foron a sorpresa da noite. O seu spaguetti balkan sound trunfou sen dúbida. Poderosa sección de ventos, -tocou, bailou e baixou ao torreiro para provocar o delirio dxs seareirxs-, moi bo son e clara vocación festeira nunha banda que de seguro ha volver polo país despois desta súa primeira visita.

E para rematar, os Dios Ke Te Crew. O grupo de Ordes volve xirar en solitario, -despois do exitoso experimento cos Machina o verán pasado-, e había curiosidade por ver como soaba o novo disco ao vivo. Se ben é certo que os italianos lles deixaron o ambiente no punto preciso e que eran o cabeza de cartel da noite, tampouco se pode negar que a crew deu un concertazo e demostrou seguir a estar en forma. Hai xa uns anos que os DKTC teñen un directo moi traballado que os converte nun dos grupos galegos con máis tirón entre a xente nova. Dá gusto ver como o público sabe os retrousos dos temas do novo traballo. Ou como moitos dos temas vellos son xa clásicos que fan ferver a xente cando soan as primeiras notas.

Algunhas fotos da Rebusca:

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/rebusca2012"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}



Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas