A fin de semana vindeira é desas en que escoller a cita festivaleira á que asistir é un problema. Así de primeiras, SonRías Baixas en Bueu, Festa da Carballeira en Zas, Pardiñas en Guitiriz, Castelo Rock en Muros... e Festa do Albariño en Cambados, con Julio Iglesias e Manolo Escobar. Tentaremos irvos falando de cada unha delas ao longo da semana. Aínda que da Festa do Albariño igual pasamos. Iso si, seguramente tamén falemos dalgunha máis que agora nos esquece. De momento comezos polo Castelo Rock, que se presentou oficialmente o pasado sábado é que vai levar até Muros dúas noites do mellor rock nacional e estatal.

Castelo Rock parte da música como un elemento de difusión e promoción cultural a través dun cartel de artistas que expresan o carácter do festival, mesturando a riqueza musical do pobo, de Galicia e do estado. O Castelo Rock convértese nunhas das mellores fin de semana do ano, onde unhas das principais intencións é a de promover económica e socialmente a vila de Muros a través da música. Dende os seus comezos, e xa van 10 anos, o Castelo Rock presentouse como unha aposta de dinamización económica local a través da cultura musical. Presentándose como unha idea innovadora na vila de Muros. A entidade muradá, ACRD Praia do Castelo, decidiu no ano 2004 facerse cargo do evento co fin de pór en valor un festival no que se integrasen bandas galegas e estatais, coas máis produtivas da nosa contorna.A IX edición do Castelo Rock celébrase na praia do Castelo, en Muros, os días 3 e 4 de agosto. Nesta edición incluiremos artistas de primeiro nivel, galego e nacional. O cartel englobará artistas galegos da talla dos Dios ke te Crew ou Ruxe Ruxe; así como, outros máis emerxentes como Skarallaos ou Medomedá. E de fóra das fronteiras galaicas, apostamos por un son con identidade, coma os andaluces Trashtucada ou os madrileños Bodega Bodega. Sen esquecernos dos máis clásicos, Sonotones, que cunha extensa carreira achégannos ao rock máis castizo. E por último, unha das voces da nosa contorna a banda tributo a La Polla Records, Sozios a la Fuerza. Como peche de festa, os DJ’s muradáns, AntoniodeBeiro.Dj. e Perrecho DJ poñerán os ritmos máis bailables.Ademais ofertaremos música de rúa, pasacalles... que amenizará as mañás e os seráns do festival.Poderemos gozar dun festival gratuíto á beira da praia, nunha das vilas máis fermosas e visitadas de Galicia, na que destacan a súa riqueza ambiental e histórica. A fusión da música e do turismo converterán Muros nun contorno de primeiro nivel, onde pasar uns días irrepetibles. No que, ademais, poderán gozar dunha gastronomía tentadora e asequible para todos os petos.

Aquí che queda un vídeo dos Medomedá, por se aínda non os coñeces.

Vindeiros concertos

640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
641791257_17939052840161356_6215762591327674775_n.jpg }08 Mai 2026
Bruón Folk Fest
Centro Recreativo - Artes (Ribeira)
648838773_938196485352005_2917009838572000580_n.jpg }09 Mai 2026
Cantos de Taberna de Ribadeo
Ribadeo
672343228_18585365911054151_5161304420448621041_n.jpg }08 Mai 2026
Feira do 48-ADIADA
Praza Maior - Lugo
679477162_1418879523616057_1583364787428128597_n.jpg }08 Mai 2026
Pulso I Festival de Jazz das Pontes
Auditorio Cine Alovi - As Pontes
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)
686894331_122240650844268434_3297587963740256101_n.jpg }08 Mai 2026
XVIII Festa da Brincadeira
Bouzas (Vigo)
674283864_1346831577475892_4750641388000855558_n.jpg }08 Mai 2026
XXVIII Festa da Troita
Sigüeiro, Oroso (Oroso)
686325104_18068241050678005_1062840670586115475_n.jpg }08 Mai 2026
XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón
Pantón
682902702_1279911024316148_1418662949733395471_n.jpg }08 Mai 2026
XXXIX Festa do Choco
Redondela