A pasada fin de semana estivemos a gravar o vídeo oficial do Antrospinos V, que esta semana estará na rede. Pasámolo caralludamente en Taragoña. Tratáronnos moi ben e déronnos de papar callos e churrasco. Entre gravación de vídeo e prato de callos aínda tivemos tempo a tirar algunhas fotos dos concertos das dúas noites. Aquí as están.

Os Cempés e Quempallou foron os encargados de abrir os concertos venres e sábado respectivamente. Estiveron ben, -Os Cempés tocaron un par de temiñas máis ca nas Revenidas-, e malia comezaren, ambas as bandas, con pouco público, remataron o bolo cunha máis que aceptable media entrada. Os de Ferrolterra engancharon o público máis ca a semana pasada na outra banda da ría e remataron o concerto nun punto álxido, cos bises nos que desta volta incluíron o Sara, Sariña.

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/antrospinos/cempes_quempallou"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

A noite do venres completouse con Dakidarría, Canteca de Macao e Bohemian Betyars. Só temos fotos destas dúas últimas bandas. Bo concerto en xeral das tres. Os Dakidarría na liña dos últimos anos, cun directo cada vez máis traballado. Canteca, un chisco monótonos para o noso gusto pero levados por un público que lles sabía moitos temas. Bohemians, unha das descubertas do ano. Confirmaron o visto no Reperkusión e volveron facer chimpar o público coa súa mistura de punk e música dos balcáns.

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/antrospinos/bohemians_Canteca"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Sábado pola tarde fomos de paseo en matraquillo. O que distingue o Antrospinos do resto de festivais do país é a Matraquillada, un roteiro furancheiro-matraquilleiro que vai desde a zona do concerto até a praia. Para que non o saiba: matraquillos e como lle chaman na zona aos chimpíns

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/antrospinos/matraquillos"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Os concertos do sábado que comezaron como xa dixemos con Quempallou, -que foron quen de pór a cantar ao público todo-, seguiron con Alamedadesoulna e Kumpania Algazarra. Monótonos os primeiros, malia a posta en escena poderosa e as ganas de agradar. Correctos os Kumpania, deron o que se agardaba deles. A noite rematou co directo dos Bastards. Os coruñeses andan con nova formación, -pois Aspi está de xira con The Real Mackenzies-, e entraron dous gaiteiros para substituílo. Se ben a presenza no escenario do gaiteiro é complicado enchela, o certo é que o directo sae reforzado coas 2 gaitas. Gustaron e deron un bo concerto. 

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/antrospinos/bastards"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}




Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.