Fin de semana brutal con toda a xeografía galega inzada de festivais. Era complexo escoller onde ir, pero ao final decidímonos por ir ao Son Rías Baixas de Bueu, ao Castelo Rock de Muros e mais a Pardiñas. Quedaron fóra da ollada de GZmúsica cousas ben interesantes coma a Festa da Carballeira de Zas. Porén, estade atent@s ao noso facebook estes días. Tentaremos atopar pola rede as mellores fotos e os mellores vídeos deses festivais aos que non chegamos. Iso si, imos encetar o repaso por aqueles festis aos que si fomos. O primeiro, o Castelo Rock de Muros.

O festival muradán chegou á súa novena edición sendo dos poucos que manteñen a gratuidade. Andamos por aló o venres, nunha noite perfecta, sen vento e cunha temperatura moi agradable. Arredor de 1000 persoas nos concertos en todo momento, en realidade unhas 1500-2000 pasaron polo recinto en total, para ollar Skarallaos, Medomedá, Ruxe Ruxe e Trashtucada. Nós chegamos co concerto dos Skarallaos xa comezado e gustounos o fin de festa que montaron. Era a primeira vez que viamos a nova formación e semella que o espírito skarallao segue vivo. Despois foi a quenda dos Medomedá. Tamén gustamos, e iso que o son non foi moi alá, algo que afectou dalgún ou doutro xeito as bandas que vimos. 

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="medomedaskarallaoscastelorock"}{/artsexylightbox}

Saíron despois os Ruxe Ruxe. Primeiro directo que lle viamos desde a saída do Torroncho no baixo. O ex-Ruxe anda enleado co musical Galicia Caníbal e o seu posto na banda foi cuberto por Carlos Freire. O son do grupo está ben traballado e a nova peza acoplou sen problema. Porén, os Ruxe sufriron o vaivén de público entre a zona do "botellón" e o festival e tiveron de comezo menos xente e o ambiente un pouco parado até que entraron na media hora final do seu directo, sen concesións ao acougo como é costume, para rematar por convencer. Marchamos sen mirar aos Trashtucada. Había moita fin de semana por diante.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="ruxeruxecastelorock"}{/artsexylightbox}





Vindeiros concertos

632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }22 Abr 2026
08:30PM -
Xan Campos
Teatro Principal - Santiago de Compostela
672709171_1435708415239327_8703594634862734515_n.jpg }22 Abr 2026
08:30PM -
Xan Campos
Teatro Principal - Santiago de Compostela
658212304_1797656624961667_5785482020795491058_n.jpg }22 Abr 2026
09:30PM -
Valentín Caamaño Quartet
Filloa Jazz Club - A Coruña
661224901_18321885967268419_91761253008143161_n.jpg }22 Abr 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
671759038_18390812491086258_1023473060004002704_n.jpg }23 Abr 2026
07:00PM -
Fernando barroso
Cortijo Las Monjas - Periana, Málaga (España)
672686302_10233151173587927_4475006899934474632_n.jpg }23 Abr 2026
08:00PM -
Serán en Castrelos
Parque de Castrelos - Castrelos (Vigo)
648284173_122199600338514264_4015877305865184625_n.jpg }24 Abr 2026
35ª Festa do Champiñón
Ordes
656314818_1357532299725393_4507579258918980907_n.jpg }24 Abr 2026
Galegote Rock
Pontevedra
621632675_1218402530420411_2454559970369722286_n.jpg }24 Abr 2026
LXVI Festa da Lamprea
Arbo
672677231_1544413181021557_2808541691411444392_n.jpg }24 Abr 2026
09:00PM -
Xolda e Maravallada
La Esquina e O Forno - Pontevedra