A vila portuguesa de Vila Nova de Creveira, acolleu o 14 e 15 de setembro, por terceiro ano consecutivo o festival Minho Reggae Splash, un evento onde se respira respecto e boa convivencia en todos os espazos verdes que ofrece a vila. Así o viviu a nosa correspondente.

O festival deu comezo cunha sesión do santiagués Selassie Sound System, que foi o encargado de ir amenizando a chegada dos asistentes ao evento.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="selassie"}{/artsexylightbox}

Os concertos comezaron coa actuación do grupo ferrolano Natural Green, gañadores do Reggae Contest galego do pasado ano; mentres que os ventos da banda bailaban algúns temas a un ritmo que máis semellaba ska que reggae, o seu cantante, Mr. Mou, mostraba noutros as súas dotes coa gaita e a frauta traveseira ao tempo que se ía enchendo o auditorio.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="naturalgreen"}{/artsexylightbox}

A continuación fixeron a súa aparición Versionites, grupo madrileño que rendiu tributo a Bob Marley e a súa banda, The Wailers. Con esta formación encabezada polos cantantes de Emeterians, o público xa comezaba a moverse sen parar a ritmo de reggae, a erguer os brazos, e acompañar cantando algúns dos temas máis coñecidos do artista. Como sorpresa, e para esquecer a caída do grupo brasileiro Habitantes de Zion, invitaron ao escenario os compoñentes de Blueskank e Earl 16, que actuarían o día seguinte, así coma o londinense Benjammin, que actuaría a continuación, para así rematar o concerto coas miticas cancións do falecido xamaicano e poñer o peche final con "One love".

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="versionites"}{/artsexylightbox}

O último show da noite foi da man do Mc e saxofonista Benjammin, chegado dende UK. Para acompañalo, aos pratos, volta facer a súa aparición Selassie; o conxunto dos riddims e a voz do cantante, provoca que os asistentes non deixen de moverse, tanto é así que ao remate desta xornada a xente non deixa de pedir máis.


{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="benjammin"}{/artsexylightbox}

As actividades do segundo día dan comezo o mediodia cun taller de escalada no rocódromo do parque de lecer Castelinho, ao carón do río Miño, para disfrute dos primeiros con forza para erguerse.
Ao redor das 3 da tarde, hora galego-portuguesa, as actividades pasaron a facerse no torreiro da vila. Deu comezo o bloco de percusión samba-reggae de Aperta, para a continuación dar lugar os espectaculos de novo circo. Comezou entretendo os máis cativos con clown e malabares o vigués Payaso Tururú; para logo ceder o protagonismo a parella de santiagueses Compañía Asacocirco co seu show "Casal em risco", que lograron facer rir os nenos e os non tan nenos, así como chamar a atención dos depistados viandantes, para que voltasen a vista cara ao show.
Tomaron de novo o relevo os vigueses Aperta para guiar a xente cara ao auditorio e deixalos cun taller de danza africana. Este obradoiro, no que bastantes asistentes se animaron a participar, foi a cargo de Cristina Malvárez, do grupo Mesturas Danza, e con percusión en vivo, da man de Ramón "O rubio". De pechar a tardiña encargouse o Dj cangués Skio coa axuda dos seus vinilos de reggae "old school".

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="circobradoiros"}{/artsexylightbox}

Xa á noitiña, encargáronse de abrir a segunda xornada de concertos os madrileños Blueskank, cun reggae que quere achegarse ao soul e o blues; desta vez a banda, presentada como trío, ofreceu un concerto en acústico, centrado nas harmonías vocais creadas coa voz do cantante Mighty Mike e os coros dos seus compañeiros, así como o xogo de guitarras acústicas, o que lle dá un aire novo e fresco.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="blueskank"}{/artsexylightbox}

A segunda banda en subir o escenario foi One, chegados dende A Coruña e con Sauko B á fronte como cantante. Son unha banda cun son roots de inspiración naturalista, contaron coa colaboración de dous saxofonistas, novamente Benjammin e como sorpresa inesperada o seu técnico de son, Schilberto Carvalho.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="one"}{/artsexylightbox}

Despois encargáronse de encher de música o auditorio os vigueses Transilvanians. Este grupo foi dos máis aclamados, pode que por proximidade pode que porque a xente realmente lles gustou o estilo máis clásico desta banda que tende o ska, rocksteady ou incluso, grazas a voz do seu novo cantante Javier Marcos, ao soul. O caso é que con esta banda que ata se atreve a versionar aos Clash o auditorio encheuse por segundo día.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="transilvanians"}{/artsexylightbox}

O sabor máis luso do festival puxérono Urbanvibsz, chegados dende Barreiro e con 9 músicos marcados polas raíces do reggae, o afrobeat e o dub enriba do escenario. En directo a banda mostra a súa enerxia positiva combinada cunha mensaxe consciente.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="urbanvibsz"}{/artsexylightbox}

Para pechar o festival por todo o alto contaron con un veterán, xa que leva en activo dende os anos 70, o xamaicano Earl Sixteen, a súa voz e mostra que respira reggae, xa que todo el desprende reggae, sen importar que sexa roots, dub ou dancehall. Acompañouno aos pratos o selector Bob Figurante, quen tamén fixo a súa sesión centrada no dubwise. Aos coros contou con Javier Ochoa e Nicolás Navarro, de Blueskank. Este segundo incluso se animou a cantar un tema para facer saltar máis os asistentes. E con todo isto volta para preciosa zona de acampada, con moitas árbores, sombras, pegada ao río e con praia incluída.

E os que quedásedes con ganas de máis reggae lembrade que o próximo sabado 22 de setembro é a XII edición do Foundation reggae festival na sala O tunel do Coliseum da Coruña, que estivo a piques de non se celebrar este ano. Desde as 12:00h Mercadillo, Sound System e actividades ao aire libre.

texto: lety cor kafé

fotos: lety cor kafé

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas