A nosa reporteira máis arriscada manda crónica do pioneiro dos festivais reggae do país. O Foundation Reggae Fest, que chega á súa duodécima edición con novo emprazamento e cobrando por vez primeira entrada, condición indispensábel para garantir a súa supervivencia. Aquí tedes o que nos pareceu o festival, ademais dun bo feixe de fotos.

O pasado 22 de setembro a Asociación Cultural Negus organizou o XII Foundation Reggae Fest, para goce dos seareiros e seareiras do reggae. Despois de máis dunha década celebrando o festival, cada ano atópanse con máis atrancos no camiño para a súa realización. O festival, antes gratuíto, celebrábase ao aire libre en Culleredo. Na pasada edición xa se atoparan na obriga de cambialo de lugar se querían celebralo. Pasouse daquela ao carón da praia de Miño. Mais este ano esa situación tampouco foi posible. Moitos pensamos que xa non se faría, posto que sempre era a primeira fin de semana de setembro, pero a asociación tirou para adiante e atopou a maneira de facelo. Tivo lugar en recinto pechado na sala o Túnel do Coliseum da Coruña e con entrada de pago. A pesar de que moitos se queixaron, outros alegrámonos por seguir tendo a oportunidade de seguir disfrutando do festival reggae que máis anos leva na Galiza.

Actividades da tarde

A primeira parte do festival transcorreu ao aire libre nas inmediacións do Coliseum. Ao mediodía abriron o acceso a esta zona, que foi gratuíto. Os asistentes puideron gozar do mercadillo, no que podiamos atopar, artesanía, coiro, roupa customizada para os máis peques da casa, reciclaxe e ata comida. Mentres tanto encargábanse de amenizar a xornada os Soun systems Jas Proceso, Franstah Selektor e Eu-g Soudkilla, este último tamén tivo a amabilidade de emprestar o seu equipo de son para darlle algo de vida ao mercadiño.
A partir de media tarde a formación músical Kumbal encargouse de poñer o toque musical. Mentres tanto a escola de danza Alaha-Danja mostraban diferentes bailes tradicionais que ían dende Macedonia a Israel, e pasaban por Grecia entre outros.
Os últimos en amenizar a tarde antes da apertura da sala foron os membros do Colectivo musical de Arteixo A casa da leiteira. Estes percusionistas tocaron temas que a calquera aficionado a danza ou percusión africana lle habían de soar. Cabe destacar tamén o apoio desinteresado da formación ao festival.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundation"}{/artsexylightbox}

Os concertos da noite

Máis ou menos as 8 da tarde abriron as portas da sala, para que os máis apresurados fosen entrando, mentres o dj residente Moncho Lautrec mostraba a sús sesión de música negra. Xa que toca dende os estilos funky ou soul, como o afrobeat ou o reggae en diferentes liñas.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationmoncholautrec"}{/artsexylightbox}

O primeiro concerto da noite foi da man do cantante madrileño afincado en Galiza Jahtoni. As rápidas letras deste singjay transmitían mensaxes de conciencia, liberdade, unidade e cambio contra Babylon. Aos pratos acompañábao Mad Rebel. Xuntos ofertaban dende new roots a ragga ou dancehall á vez que os aficionados ían entrando na sala.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationjahtoni"}{/artsexylightbox}

A segunda banda en ocupar o escenario foron os ferrolanos Rebel Roots, finalistas do VIII concurso de reggae galego. Esta banda con case un ano de existencia ofertaba aos asistentes que xa enchían media sala roots e dub, pasando por algún temiña ska bailongo, máis cercano ao mestizaxe ca ao propio reggae. Mentres, a primeira fila non se separaba do valo e o cantante atrevíase cunha melódica.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationrebelroots"}{/artsexylightbox}

Entre grupo e grupo o encargado de non deixar que o ambiente se enfriase, -e nunca mellor dito porque había un calorazo dentro da sala!-, foi o dj vasco Jha Inity Sound. Tanto poñía os últimos e máis actuais riddims e dubplates como os clasicazos máis coñecidos do reggae.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationjahinitysound"}{/artsexylightbox}

A continuación os One ocuparon o escenario. Para os que non a coñezades, é unha banda de roots con inspiración naturalista formada no 2007. Nela atopamos membros doutras bandas como Dandy Fever ou Bush Doctors, que lles tomarían o relevo no escenario, ou seu cantante, coñecido como SaukoB no seu proxecto individual. Este grupo transmite unha mensaxe de unidade, volta ás raíces e á natureza, ou o poder do pobo como alternativa a Babilonia, tema moi acorde con estes tempos que corren. Contaron coa colaboración do saxofonista e técnico de son Schilberto Carvalho e o trombonista Antonio Rodríguez para algúns dos temas. Un deles foi un tema Ska que provocou que o público comezará a saltar e non deixará de mover os pés.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationone"}{/artsexylightbox}

Despois os encargados de mostrar o seu show foron Bush Doctors. Está é a primeira banda galega de reggae. Aínda que se formou no ano 1994 e en tantos anos a banda sufriu moitos cambios, hoxe en día mostra os seus compoñentes orixinarios. Esta formación ofreceu un reggae roots traballado, con algun toque de dub, así como un bonito contraste entre as voces do cantante principal, organizador do propio festival, e a corista, a cal tiña unha fermosa e dulce voz.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationbushdoctors"}{/artsexylightbox}

Mentres Jah Inity Sound seguía enchendo de musica os cambios de escenario, algúns aproveitabamos para saír da sala e tomar un pouco o fresquiño na entrada; decorada con grandes graffitis, que lle daban vida a esas paredes grises de cemento, pero sen chegar a saírmos o esterior do coliseum onde case se podería dicir que habia unha tormenta tropical.
A seguinte banda foi a viguesa Zamaramandi. Esta banda formouse no 2008. Comezou camiñando cara ao clásico reggae roots. Agora presenta unha nova formación con novo baixista, cantante e incluso súmase un saxofonista e teclista. O que lle da a banda un estilo máis cercano ao soul ou ao jazz e a carga de harmonía e melodía.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationzamaramandi"}{/artsexylightbox}

O encardo de pechar o festival, coa única actuación no Estado, foi o alemán Dr. Ring Ding, acompañado da banda catalá Freedom Street Band (ex-Ranking Soldiers). Banda que interpretaba perfectamente alguns dos riddims máis coñecidos como "Doctors Darling". Este cantante e trombonista foi dos máis influíntes na musica xamaicana feita en Europa. Abarcou diferentes estilos, dende o raggamuffin en temas como "Call di doctor" no que o público lle facía os coros, o rocksteady old school, pasando polo dancehall dos 70´s ata o máis actual. Así como mostrar diferentes voces, no tema "Bombs over Baghdad" el mesmo facía e imitaba a voz do cantante de Seeds. Dende logo o artista alemán deu unha boa clase de ska para disfrute dos rude boys e rude girls que non deixaban de bailar con temas como "Polish vodka" ou incluso tolear con "Ram di dance", ben o mostraba o feito de que cada vez que dicía "stop" os asistentes berreaban como tolos, el mesmo o dixo en español "estais todos locos".

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="foundationringding"}{/artsexylightbox}

E para rematar, ánimo á Asociación Negus por non renderse a pesar de todos os atrancos que atopan. Como dixo o mestre Ring Ding "Peace, love & Unity".

Texto e fotos: Lety GF.

Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.