Nas ladeiras da Cabeza Grande, na Terra de Trives, dinlle "andar á rebusca" á recolleita das derradeiras castañas do outono. Hai xa catro anos, a Asociación A Rebusca decidiu convidar a xente toda do país a andar á rebusca de castañas, festa e paixón no festival que leva até ao Macizo Central o mellor da música do país. Este ano por vez primeira en versión duplicada, despois da Rebusca en xuño, agora gozamos coa Rebusca de outono.

O pasado 24 de novembro parte do equipo de GZmúsica preparouse para o frío e puxo rumbo a Manzaneda. A asociación A Rebusca organizou despois de catro anos do seu nacemento (novembro do 2009) un ano máis o festival A Rebusca de outono.

Despois de ter celebrado o 16 de xuño deste mesmo ano outro festival co mesmo nome no que compartiron escenario grupos como Kussondulola, Dios ke te Crew ou Figli di Madre Ignota baixo unha carpa circo, ou os artistas Asacocirco ou Jano, A Rebusca volta á carga.

Veñen celebrando neste mes, coincidindo co que por aló chaman "andar á rebusca" (rebusca das últimas castañas) no antigo mercado gandeiro este festival, que é un dos últimos do ano. O evento deu comezo á tardiña. Chegado dende Matamá o encargado de ir quentando motores na vila Ourensá foi o Cé Orquestra Pantasma. Rapazada e maiores pasárono ben co espectáculo do home orquestra do Freixo.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="ceorquestrarebusca"}{/artsexylightbox}

Xa ben caída á noitiña dentro do antigo mercado os primeiros en tomar posesión do escenario foron os Residuos Atractivas. Esta banda de folk galego e palleiro punk subiu o escenario cunha vestimenta ben festeira, acorde coa que tiñan pensado montar. Escoitamos a pandeireta, a gaita, o tamboril e o acordeón que fixeron quencer os pés ao público, que se animaba en temas como "Carminha Maniqui", ou se confundían noutros cando escoitaban " eu o que quero e xabón, xabón...." a vez que a banda arroxaba pastillas de xabón aos seaeiros das primeiras filas. Para rematar nun dos últimos temas uníronse a facer unha colaboración as pandereteiras de Manzaneda.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="residuosrebusca"}{/artsexylightbox}

A seguinte formación en encher o escenario foron os Cuchufellos. Os da casa remataron de encher o recinto, máis de mil persoas no antigo mercado. Á vez que avanzaba o concerto o público enlouquecía un pouco máis, sobre todo as primeiras filas que semellaban abafar de calor. Amosaron temas como "Castiburón", "Chichi guagua" ou o adicado o xogo popular galego "A billarda". Para rematar, como sorpresa inesperada uniuse de entre o público no tema "As vellas de San Pedro" o festivaleiro Cao coa súa melódica.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="cuchufellosrebusca"}{/artsexylightbox}

Pouco despois chegaba o momento de colle-lo sacho! Sacha na horta chegadas dende Santiago comezaban fortes, deixando claro que "a nosa historia, facémola nós". Esta banda nacida nunha noite de festa por Compostela fixo soar os seus primeiros temas como poden ser "Que terá o likor cafe?", "Barbeito por dereito" (no que deixan constancia das súas reivindicacións, que moit@s de nos tamén apoiamos) ou "Biocultivos" (canción coa que gañaron no 2007 o concurso A polo Ghit e que lles deu o primer empurrón). Mesturados con estes soaban outros máis novos como "Galiza chamiza" ou "Busco amante galegofalante". Ainda coa ausencia dunha das súas cantantes, Iseo, o trío restante daban unha estupenda combinación e xogo de voces deixando cubertos diferentes rexistros. Mané lembrabanos que as orixes da banda seguen vixentes, mentres que a potente voz de María da Pontragha contastaba coa tonalidade máis doce de Alenya, está última até se atreveu a amosarnos as súas dotes coa percusión. Estas mozas aguantaron con forza ata a última canción, para se superar se cabe no peche con " Son animal".

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="sacharebusca"}{/artsexylightbox}

De pechar a xornada de concertos encargaronse os Coruñeses Chotokoeu. Comezaran gañando no 2009 o Gz Crea e a día de hoxe xa participaron por Europa en diante en festivais como o Fusión festival de Alemaña. Os primeiros acordes da numerosa banda tendían á electrónica, máis tiñan previsto comezar algo calmadiños e á vez que avanzaba o concerto iren mudando os tempos. Encargáronse de mesturar dende rumba ou folk, até ska ou reggae en temas como "Terroriska" ou "Tashkä". Marta Seco alternaba a súa voz co son do violín, acompañada por guitarras, baixo, saxo, batería, percusión, etc, que tamén nos amosaron as cancións "Moito ruído", "Alibabá" ou xa un dos últimos "O ritmo que bailas". Para dar algo máis de espectaculo Hadri Hache deixou os pratos a un lado para cambialos por un pequeno show de malabares con mazas. Xa ía vindo a hora de rematar o concerto, así que como xa é costume nas súas actuacións, os coruñeses mesturaron nas últimas cancións o son dos diferentes instrumentos cunha base electronica de drum & bass. Así deixan paso o dj do rebusca e a posterior foliada para o peche do festival.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="chotokoeurebusca"}{/artsexylightbox}

Para rematar lembrar os festivaleiros e festivaleiras do país que aínda quedan festivais para o próximo mes. De feito, antes de que remate o ano aínda tedes cando menos dúas citas polas Rías Baixas. O 7, 8 e 9 de decembro o Festival Furtivo (benefico con ADICAM) no Morrazo e o 21 no Val miñor o Berra! V aniversario. Do Furtivo xa podedes atopar o cartaz nesta mesma web e do Berra! tentaremos informarvos en canto poidamos.

Texto: Lety GF

Fotos: Lety GF & Lavesedo

Vindeiros concertos

621839835_25077501058590486_4708508511457242076_n.jpg }27 Feb 2026
09:00PM -
Soalleira
Nasa e Perla 8 - Pontevedra
607560744_18248322604288358_7002495170589291008_n.jpg }28 Feb 2026
51ª Festa do Queixo
Arzúa
descarga.png }28 Feb 2026
I Foliada Inllar
Praza do Recheo - Ponteceso
626265266_17990890670919363_7258113034207415861_n.jpg }28 Feb 2026
Vendaval Fest O Galiñeiro
Cine Teatro Ribadeo - Ribadeo
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }28 Feb 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
617970434_122170117082858362_5576439749504425087_n.jpg }28 Feb 2026
01:00PM -
Zavala
Piruchela Colectivo - Neda
616818276_10230940474751535_4178596097335249260_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada Solidaria
Torre de Celas - Celas (Culleredo)
639474264_10216433492548037_4813697172842163370_n.jpg }28 Feb 2026
06:00PM -
Foliada de Inverno
Centro Sociocultural - Begonte
620927813_18556301485021212_747063793287654823_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Xabier Díaz Cuarteto
CC Casa del Reloj - Arganzuela, Madrid (España)
641319154_1230443822560177_1694240074249636131_n.jpg }28 Feb 2026
07:00PM -
Foliada Aberta no Xebra
Xebra! Associaçom - Burela