Os pasados 2 e 3 de maio, Salceda de Caselas acolleu a sétima edición da Festa 13/14. Estivemos aló o segundo día, para asistir aos concertos da noite. Chegamos un chisquiño tarde, polo que perdemos o concerto de Patxaranga, e só poidemos ver a The Lákazans, Muyayo Rif e Cuchufellos. Aquí vos deixamos crónica, vídeo e fotos do que alí vivimos. Que vos preste!


A Festa 13/14, organizada pola asociación homónima, é moito máis ca un concerto. O famosísimo concurso de saltos, a xira taberneira,... enchen cada ano Salceda de Caselas de festa e alegría toda a fin de semana. Nós ben o sabemos, pois o ano pasado tivemos a sorte de vivilo cando gravamos un Especial Treze-Catorze para GZmúsica TV. Este ano, a nosa Unidade Móbil apenas chegou para os concertos da noite, aínda que xa mandaramos unha cabeza de ponte por diante, que nos informou do ben que o montaran os de Patxaranga, quentando xa o persoal desde o primeiro minuto do concerto. Nós chegamos na metade do concerto de The Lákazans, aos que xa viramos na primeira paraxe da Festa da Chuvia, en Corrubedo, hai unhas semanas. E se xa ficaramos impresionados coa forza dos de Boiro na sesión vermú daquela fermosa mañá no Barbanza, corroboramos impresión na algo máis fresca noite miñota.Cun público, coma daquela, heteroxéneo, e enriba do escenario, The Lákazans mostraron que poden enganchar co seu repertorio de rock e blues americano toda caste de tribos. Así, punkies, furgoneteir@s, festivaleir@s confesos e veciñanza diversa que se achega por devoción ou curiosidade até a 13/14, beillaron o rock'n'roll de The Lákazans. Coa harmónica e as voces en primeiro plano, sobrad@s os tres para quecer o ambiente coa súa enerxía, brillan tamén o resto de membros do grupo tanto nas versións coma nos temas propios cantados, unhas e outros, en inglés.

FOTOS DE THE LÁKAZANS

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="thelakazans1314" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Despois viñeron os Muyayo Rif. Único grupo chegado de fóra, os cataláns deixaron unha posta contundente de ska e punk-rock, na liña de -por exemplo- Dakidarría, mais o engadido do hip-hop presente en moitas partes do concerto. Non saen do padrón establecido para as bandas estatais que practican un estilo semellante, pero a enerxía que mostran no escenario e a presenza do hip-hop sácanos do montón e acabou sendo un concerto que pagou moito a pena.

FOTOS DE MUYAYO RIF

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="muyayorif1314" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

O último grupo en saír antes de comezaren a fuchicar nos pratos os DJs foron os Cuchufellos. Os de Maceda de Trives levan anos tripando as estradas e os escenarios do país, coa súa mistura de tradición e rock que bebe nas mellores fontes do bravú. Até Salceda viñeron presentar o seu segundo disco, Arreguizante, do que xa vos falaremos polo miúdo, pero que adiantamos que nos gusta moito. Nel basearon o concerto na 13/14 e o público, incondicionais ou non, bailaron os ritmos quentes que baixan da montaña. Cuchufellos é unha banda que ten evolucionado paseniño nos últimos anos e que agora mesmo apresenta un directo potente, moi ben traballado, cos temas enlazados entre si para non dar acougo na troula e no baile. Da que remataron, collemos camiño ao Morrazo.

FOTOS DOS CUCHUFELLOS

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="cuchufellos1314" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Máis nada. Parabéns a toda a xente que traballa na ACDE Treze-Catorze para levar a cabo este festival, tanto polo bo traballo feito coma pola moi boa escolla das bandas para os concertos da noite. Os devanditos máis Maskarpone -que tocaron o venres- son sen dúbida unha aposta polos grupos festeiros alén de etiquetas e de renomes, e mostra que a xente da 13/14 patea festis e concertos para lles levar aos seus veciños o melloriño do panorama musical.

VÍDEO-RESUMO

Fotos: Lety GF

Crónica e vídeo: Lavesedo

{fcomments}


Vindeiros concertos

696692432_10162818246040913_4039719241228959260_n.jpg }10 Xul 2026
De Ninghures + 9Louro + Talco
Peirao de Arcade - Arcade (Soutomaior)
734488906_1707879697194104_3745508805482607458_n.jpg }09 Xul 2026
Festas do Carme
Marín
723042505_10162945433755913_7563919495505803910_n.jpg }08 Xul 2026
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Ortigueira
708655472_18359466532237107_8804535167843233152_n.jpg }09 Xul 2026
Portamérica
A Azucreira - Portas
725649370_1006123875122663_4434515635080982_n.jpg }10 Xul 2026
Serán D´Aquí
Campo da Leña - A Coruña
738616356_1685769119795187_540202632499547084_n.jpg }10 Xul 2026
Terapia de Grupo
Recordis - Vila Nova de Cerveira (Portugal)
695230092_1568321675302726_4191624422713095322_n.jpg }10 Xul 2026
XIV Rock in Río Tea
Parque da Feira Vella - Ponteareas
738396167_1382151437394093_867614973846155914_n.jpg }10 Xul 2026
XXI Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar
Muros
725947108_1701401341179022_2095984172476308518_n.jpg }10 Xul 2026
06:00PM -
O Carballal Son
Estación Vella - A Gudiña
721415447_4378426822413571_815777411858139348_n.jpg }10 Xul 2026
08:00PM -
I Foliada Taberna Airexe
Taberna Airexe - Muro (Láncara)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.