O Festival de Cine de Cans estivo cheo de música este ano. Como xa fostes vendo nos distintos vídeos que subimos á rede, pola aldea do concello do Porriño pasaron grandes nomes da música do país e tamén de fóra. Mais restábanos por subir un outro vídeo, dunha actividade que se celebrou o sábado 24  pola mañá da man de Xurxo Souto. Foi un paseo sonoro por Cans onde coñecemos pequenas historias musicais de Cans, inseridas con mestría por Souto na historia musical galega. Máis dunha hora de vídeo, de música, de historias, unha proba máis de que somos un pobo de artistas.

Aquí tedes o qu deu de si ese paseo polas corredoiras e camiños de Cans, visitando as casas dos veciños que teñen algunha historia musical que contar. Historias de vellas bandas locais, de músicas chegadas da emigración,..., nun fermoso paseo argallado pola xente do festival de Cans en colaboración co festival SinSal. Que vos preste!

{fcomments}

Vindeiros concertos

907403622_18354867484268419_5596262625301722965_n.jpg }25 Nov 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
886936707_18493625914128302_5947858321526361164_n.jpg }26 Nov 2026
Culturgal
Pazo da Cultura - Pontevedra
858675262_1775019553711946_4156263672627202842_n.jpg }26 Nov 2026
08:30PM -
As Cigarreiras
Pazo da Cultura - Pontevedra
888568614_1126736336432677_1745533052653753360_n.jpg }27 Nov 2026
22 Zona da Zanfona
Arzúa
880112323_1199069829355021_1448093775039234478_n.jpg }27 Nov 2026
Carmela + L´Arannà
Riquela Club - Santiago de Compostela
886936707_18493625914128302_5947858321526361164_n.jpg }26 Nov 2026
Culturgal
Pazo da Cultura - Pontevedra
913925901_1127227303256904_1160471190147479722_n.jpg }27 Nov 2026
Pista Extra da Veiga
Recinto Feiral - A Veiga (Asturies)
897040505_122232504734447731_9171792922543700483_n.jpg }27 Nov 2026
07:30PM -
A Banda da Loba
Ula Libraría Social e Rural - A Serra de Outes, Outes (Outes)
888568614_1126736336432677_1745533052653753360_n.jpg }27 Nov 2026
22 Zona da Zanfona
Arzúa
886936707_18493625914128302_5947858321526361164_n.jpg }26 Nov 2026
Culturgal
Pazo da Cultura - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.