O pasado xoves 6 de agosto celebrouse a segunda edición do Rockin' Vila. Grande ambiente para ser xoves, mais o cartaz merecíao. Doen, Biribirlocke -aos que non chegamos mirar- mais Nao, Aspergillus e Terbutalina, todo de balde e todo grazas ao traballo da rapazada da vila, que leva un par de anos turrando por sacar adiante este festi. Até Vilanova de Arousa desprazouse a sección televisiva de GZmúsica e achéganos un feixe de vídeos para vos enterardes do que aconteceu na vila do Salnés. 

A rapazada de Vilanova argallou o ano pasado a primeira edición do Rockin'Vila, festival que leva a música do país até unha vila onde non adoitaba haber moitos concertos de bandas galegas. A cousa funcionou bastante ben, dabondo como para se embarcar de volta ese ano, cunha segunda edición pola que pasaron Doen, Biribirlocke, Aspergillus, Nao e Terbutalina. Grande festival, modesto nalgúns aspectos mais organizado maxistralmente pola mocidade de Vilanova. E sobre todo, enorme éxito de público malia o cairiño que caeu contra as dúas da mañá e tendo en conta o día, xoves.

Até aló foron o Martín e mais o Isaac para nos traer estes vídeos. Mais, como tivemos unha presentación do documental "Os gaiteiros do mar" en Moaña ese mesmo día, quedamos sen resumo dos concertos de Biribirlocke e Doen.

Con quen falar primeiro cando chegas a un festi por vez primeira? Con alguén da orjanisasión, por suposto.

Os Nao seguen a arrasar aló por onde pasan. Despois de andar o 24 de xullo por Compostela, no concerto organizado por Briga onde tiveron a sorte de reencontrarse co Héctor Naia, amigo deles que vén de ser posto en liberdade e absolto dos cargos que o relacionaban con Resistencia Galega, e tamén o 1 de agosto en Pardiñas, por vez primeira no histórico festi tradicional que cada vez se abre máis a outros estilos, os da Estrada trunfaron tamén no Rockin'Vila.

Por vez primeira, tivemos a sorte de ver Aspergillus ao vivo. Prometía moito o que se pode atopar na rede desta banda, relativamente nova mais formada por músicos que levan trillado moito escenario en distintas formación do país. E ben que cumpriron as espectativas. Aspergillus presentou o seu rock alternativo no torreiro vilanovés. A banda de Coira (Ames) entrará a gravar o seu primeiro disco no outono.

E que vos dicir de Terbutalina? O combo muradán -seguro que nunca lles chamaron así- apareceu en Vilanova co engadido do Torres, guitarrista de John Happy Driver, que os vai acompañar mentres non se recupere o Migui da lesión que sufriu ao caer dunha especie arbórea indeterminada -especúlase cun carballo ou un cocoteiro- e tiveron tempo de facer bailar o público e mandarlle un saúdo ao seu reporteiro preferido

VÍDEOS:  Martín Rodas

{fcomments} 



Vindeiros concertos

703633301_1527974165791048_313141901238822788_n.jpg }29 Mai 2026
53 Día da Muiñeira
Pontevedra
706704523_18120745609664549_6626468427366386678_n.jpg }30 Mai 2026
Ailá
Mercado Gandeiro - Chantada
656873453_936502832086705_5892457802773672080_n.jpg }30 Mai 2026
Festa do Boi
Allariz
702487412_1402242221941733_7935464418755134823_n.jpg }29 Mai 2026
Festa do Peixe
Bande
687310324_18548013601070909_4463986619110314399_n.jpg }29 Mai 2026
IX Romaría Celtista
A Estrada
694995513_122211572666291968_6527436909676690068_n.jpg }29 Mai 2026
Incode Fest III
Alameda de Pontevedra - Pontevedra
706134511_1381686480651543_3123029993361332245_n.jpg }30 Mai 2026
LVIII Festa da Troita
Ponte Caldelas
702470650_1000673312822110_7827095492961096219_n.jpg }29 Mai 2026
Romería Popular do Corpus
Bulso (Sober)
707750408_1607761754691211_7557544335513245627_n.jpg }29 Mai 2026
VIII Cantos de Taberna de Pontedeume
Pontedeume
Cartel-Feira-da-Empanada-das-Nogais-26-600x847.jpg }30 Mai 2026
XIX Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares
As Nogais