A pasada fin de semana os festivais multiplicáronse por todo o país. Nós andamos polo Festigal e o Antrospinos. Até este último festival foi o Cao de Mos -ademais de moitxs máis da grei festivaleira galega- e aquí vos deixamos a súa crónica dunha finde en Taragoña. Xa sabedes, xs que non fostes (coma moitas de nós) a rabear agora lendo que ben o montaron coma sempre os do FAP. 

24 de xullo, multiples opcións para ir mirar boa música en directo, en Compostela,  Moaña, As Pontes...
A cabeciña barrenaba toda a semana con duas opcións, as dúas na ría de Arousa.
A primeira opción era ir a Ribeira ao Top Secret da Festa da Dorna, unha gala musical da que me chivaran algúns detalles e prometía ser brutal, como así me confirmaron ao día seguinte dous supervivintes.
Unha gala musical con músic@s locais, unha banda base ensaiada con máis de 30 colaboracións que subirían ao escenario mentres Xurxo Souto facía de mestre de cerimonias.
A outra opción era ir pra Taraghoña e gozar do primeiro día do festival Antrospinos, (ou antrospinhos, como o chama un jichiño do Incio mudado a Rianxo hai un par de anos)
A noite semellaba ser ben divertida, xa que tamén se celebraba a non inclusión na secta católica da Xohaniña, tocaban os Breakin Bones e pinchaba o Bigote Mix.
Lamentablemente non fun quen de mudar o turno de choio e ao final tomei a decisión de tomar unha birra na Cabaña e ir cediño pra cama.
O sábado espértanme cunha chamada, -A que hora saes coa "canheira" para Taraghoña?
-En 10 minutos na Romana!!!
Almorzados e convidados por un veciño metémonos na "canheira" e sen GPS poñemos rumbo a Taraghoña. Atasco en Rande, conversa sobre os proxectos da CMVMC de Tameiga e cando nos demos conta xa estábamos aparcados fronte ao "bar da comisión". 
Saúdos, apertas, bicos, cervexas...
Este ano corría perigo de non se celebrar o Antrospinos, tanto arriscar os anos anteriores, un desgraciado accidente, e un ano de chuvia fixeran que a situación económica da asociación non fose de todo boa.
Botándolle ganas en dez días organizaron o festival, e sen grandes nomes no cartel foron quen de organizar un festival divertido, cómodo e con moi bo rollo (alí morreou todo cristo). 
O interbisbarrismo festivaleiro é solidaridade, e nada máis chegar xa nos atopamos uns do Vento Rock, e a tropa 1314, ao noso amado lider do defenestrado Rebumbio e a unha chea de incondicionais festivaleir@s cos que se adoita falar das cousas importantes da vida...
Callos e arroz con croques para comer mentres un coxo "dillei enxebre" facía bailar a xente que se alimentaba e hidrataba para combater o calor.
O barullo dos motores anunciaba a popular "matraquillada". 
Matraquillos a tope de xente, gaiteir@s, e demais mamífer@s bastante mamad@s...
Matraquillos decorados con bandeiras, flores e matraquilleir@s experimentad@s que sorteaban as fochancas con mais ou menos pericia.
Teño que dicir que o sol petaba forte nas cacholas e se fixo moi longo o percorrido ata a praia.
Refrixerio, tocata e subida de novo...
A matraquillada discorreu sen incidentes salientables, as típicas caídas e un atípico brechazo provocado por un charrasco.
Chegada ao Campomaneiro e ao mesmo tempo que os matraquillos chegaban o Leo e a "Carolina" que tivo que cargar con algún becho amarrado ao capó. Montaxe e en dúas cañas, comezo do espectáculo.
Coas gorxas ben quentes da matraquillada o coro antrospiñeiro afinaba mais ou menos os retrousos do Leo, que por momentos mesturábanse co barullo das probas de son. Un detalle a corrixir por parte dunha organización que coñecendo aos animais perdóaselles todo.
Remate do concerto enriba da "carolina" e "bises" enriba da barra, birra en man remata co "Demoler" de Los Saicos.

A fume de matraquillo trasládase todo da carballeira ao campo de xogo, e "dillei Enxebre" volta a carga para amenizar a merenda cea.
Comezan os concertos de palco e suben os Biribirlocke, e menuda sorpresa, un grupo cun son limpo e cunha sección de ventos impecable, quedo con gana de voltar a miralos!!! E a poder ser sen andar abaneando... Quedo co bo recordo deles e as ganas de voltar a miralos, o resto dos grupos foron pasando pero xa sabedes como son os festivais... saúdas a un, bebes con outro, barallas cos do Rock in Rian poñendo podre o Festival de la Luz... (ou foi cos do Rock in Vila????)
Seguiron os concertos de Skandalo GZ que non aprenderon que Taraghoña is not Rianxo!!! E pecharon, como non podía ser doutro xeito Noite Fechada que tocaron xa algún tema de colleita propia.
Para rematar, BigoteMix que continuou até o dia... Moita forza a xente do Antrospinos e agardo que todo lles saíse ben e para o ano que vén continúen co festival.

Xa dende o primeiro ano que acudín levo o Antrospinos "en la patata" e quedou amosado que un festival non é só un cartaz con nomes de sona, a festivalada toda acudiu a este S.O.S. e demostrou que un festival é a xente, e coa xente de Taragoña agardo pasar moitos mais dias Antrospinos!! Saúde!!! E viva a música do país!!!

TEXTO: Cao de Mos

FOTOS: facebook de Antrospinos e Arquivo GZmúsica

{fcomments}

Vindeiros concertos

500067118_1154708313368467_5463584005811494709_n.jpg }23 Mai 2025
Festa do Banquete de Conxo
Conxo (Santiago de Compostela)
festival_folklores_cartel.png }22 Mai 2025
Festival Folklores
Madrid (España)
482326165_1412724513406880_3444427997663349839_n.jpg }24 Mai 2025
Grande Amore
Sala Malandar - Sevilla (España)
493940262_1851112498762657_5382739594868050760_n.jpg }24 Mai 2025
Homenaxe As Nosas Cantareiras
Pazos de Borbén
494892149_1749683279304195_8308483290041079506_n.jpg }23 Mai 2025
Hórreo Vivo
Araño (Rianxo)
491453185_18307997380237107_5580118009103300795_n.jpg }22 Mai 2025
Ouren Sound Fest
Monterrei, Moreiras (O Pereiro de Aguiar)
495150163_1252078540260703_4658660740424549950_n.jpg }24 Mai 2025
Pakolas
A Coruña
485724219_9238733489509630_4444091807368131457_n.jpg }23 Mai 2025
VII Edición Cantos de Taberna Airiños do Eume
Pontedeume
499612926_1252073036928742_7596164702783941267_n.jpg }24 Mai 2025
Vixilia por Palestina
Praza da Porta do Sol - Ribeira
495368172_1219942589688271_473919465938360298_n.jpg }21 Mai 2025
XXII Festival de Cans
Cans (O Porriño)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.