Hai agora exactamente un mes, andamos por Matamá para asistir ao Sons da Lameira. Festival de referencia na bisbarra viguesa, o evento organizado pola xente do colectivo Malaherba da parroquia de Matamá trouxo até o escenario da Lameira bandas galegas, portuguesas e españolas. Deixámosvos aquí crónica e fotos de Lavesedo.

Ir ao Sons da Lameira desde o Morrazo precisa dun ritual que comeza coa decisión de quen conduce á volta –sempre lle toca a P- e con parada obrigatoria no Carballo das Travesas para coller unhas empanadillas e ter domingo a quen botarlle a culpa da dor de barrigha. Cumpridos os dous obxectivos, apresentámonos en Matamá, aparcamos á primeira e demos un paseíño até a Lameira gozando deses recunchos da parroquia ancorados na infancia.

Así de potente e tola é a posta en escena destes portugueses

A saudade marchou polo rego abaixo ao entrarmos na carpa e ver os Blasted Mechanics. Nada máis e nada menos que um projecto artístico de música tocada por seres de outro mundo. Ou dito doutro xeito, uns ghichos disfrazados, con colgarellos metálicos, dando tralla sen compaixón. Mistura de rock e electrónica, recursos tribais e posta en escena enerxética. Acabados de chegar, foron un pouco duros de máis para nós, mais a xente toleaba nas primeiras filas levados á catarse alieníxena dos portugueses.

Despois veu o Leo no escenario Mala Herba. Meteulle moitos temas novos ao comezo, deixando os hits para o remate, cantados polas incondicionais. Clásico e veciño, soubo manter a frescura para que aquilo non fose “outravezoleoenmatamá” e fixo un bo concerto.

Troco de escenario e saída non sei se do “cabeza de cartel” pero si do grupo máis agardado por moitas das persoas que alí estabamos. Os Def Con Dos na xira Alzheimer pal pueblo. Revival dos 90, cun repaso aos 3 mellores discos da banda: o incrible Armas pal pueblo, Alzheimer e Ultramemia. Máis catarse, co público cantándoas todas e a banda ofrecendo algunhas reinterpretación interesante e soando contundente.

Nós despedimos a noite mirando os Ulträqäns. A moitas pasoulles coma a nós, falloulles a forma física tan ao comezo da temporada festivaleira e despois da tralla cos Def precisaron acougar antes de meterse no concerto dos ultracánidos. Eles respostaron con oficio e foron metendo a xente no peto, apoiados por un cento de incondicionais que desde o comezo o deron todo. Para pór o ramo, saíu o Juan dos Carunchos a botarlle unhas pezas con eles, Narcopresidente incluído.

Fuximos de volta para a nosa península mentres os Aphonnic comezaban o seu concerto. Deunos para escoitarlles unha intro potente e pouco máis antes de que a quietude de Matamá nos engolise de novo para non nos abandonar até o Hío.

FOTOS DO SONS DA LAMEIRA 2016

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="6313826921773614369"}{/artsexylightbox}

Texto e Fotos: Lavesedo

Vindeiros concertos

786314245_1081006937615178_6621810781327452306_n.jpg }04 Set 2026
Festa das Peras
Alameda de Raxoi e Praza do Conde - Pontedeume
786314245_1081006937615178_6621810781327452306_n.jpg }04 Set 2026
Festa das Peras
Alameda de Raxoi e Praza do Conde - Pontedeume
revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
786314245_1081006937615178_6621810781327452306_n.jpg }04 Set 2026
Festa das Peras
Alameda de Raxoi e Praza do Conde - Pontedeume
749329974_1499192025579311_4364612909478775194_n.jpg }11 Set 2026
Festas da Guadalupe
Rianxo
785560958_18013212938937242_690819728459238229_n.jpg }11 Set 2026
Hola Nola Lab Fest
Goián (Tomiño)
705102575_1593338709388767_2786134694936055855_n.jpg }11 Set 2026
IV Festival Vigo Metalheads
Pub Transylvania - Vigo
revenidas.jpg }10 Set 2026
Revenidas
Vilaxoán, Sobrán (Vilagarcía de Arousa)
778124130_2067778903825514_8462059741262263172_n.jpg }11 Set 2026
XII As Cores do Outono
A Pobra do Brollón
747695210_1686254690172690_5505391561080541538_n.jpg }11 Set 2026
07:30PM -
XXV Folk de Raíz
Callobre (A Estrada)