Desde o 15 de decembro e até o 15 de febreiro permanecerá aberto o prazo para se inscribir na undécima edición deste concurso ligado ao festival redondelán. A banda gañadora levará 300 € e a posibilidade de formar parte do cartaz da duodécima edición do festival Millo Verde, que se celebrará en xuño de 2018.

A Asociación Millo Verde abre por un ano mái s a convocatoria para o seu Concurso de Maquetas, un certame que busca ofrecer unha oportunidade a novas proposta s musicais, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais. As bandas poden presentar, até o 15 de febreiro , no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , un conxunto de tres cancións en formato mp3, sexa por enlace a unha páxina de descargas ou adxuntos ao propio mensaxe ( ATENCIÓN: non se admiten enlaces a páxinas en streaming). Do total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa - concerto o 24 de marzo que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela . Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 300 € e formará parte do cartel do XII Festival Millo Verde, que terá lugar en Redondela os días 7, 8 e 9 de xuño de 2017, mentres o segundo finalista percebirá unha recompensa de 100€ .

Os gañadores serán anunciados por nota de prensa, na páxina web do festival e nas redes sociais. En anos anteriores os o rganizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no concurso.

{fcomments}

Vindeiros concertos

784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
794648230_1165453665820317_3194683226706126818_n.jpg }25 Set 2026
5 Vialia´s Festival
Centro Comercial Vialia - Vigo
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre