O terceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado na aldea de Cans, no Porriño, o 25 e 26 de maio de 2017. Fomos até o Festival de Cans e non só a ver cine, que tamén, senón a ver (e escoitar) moita música. Os músicos/reporteiros de Terbutalina, Eladio y Los Seres Queridos ou Radio Océano. Aquí vos queda o terceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Chega o mes de maio e como cada ano subímonos ao chimpín rumbo a Cans, no Porriño. Curtas, estrelas, agroglamour pero sobre todo moita música para celebrar a súa XIV edición.

Brincamos coa volta os escenario de Radio Océano trinta anos despois do seu disco “Isto non é Hawai, nin falta que fai”, estremecemos con Eladio e Uxía cantando xuntos “Havemos de ir a Viana” , fomos testemuña da estrea da canción dos AcordeCans O Acuque, rebentamos o Torreiro a ritmo de Terbutalina e estreamos novo reporteiro entre moitas mais cousas.

Cansonoro - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=1m24s

Cantarolas pra xente miúda - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=6m52s

Trío do Acivro - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=8m25s

Eladio y los Seres Queridos - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=10m1s

Roger de Flor e Os Silvestres - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=21m38s

Radio Océano - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=30m56s

Terbutalina - https://youtu.be/nu2sQHZvKHw?t=39m46s

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.