O cuarto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Cesantes, Redondela, o 8, 9 e 10 de xuño de 2017. Skándalo GZ, Sokram, Kumpania Algazarra ou Fanfarria Taquikardia pasaron polos escenarios do festival que alagou a vila choqueira e música e cultura durante 3 días. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.
Once anos xa de Festival do Millo Verde. O festival alternativo que mudou de localización para Cesantes desde a vila de Redondela segue a apostar por bandas non sempre de gran sona pero cun directo e unha calidade indubidables.
{fcomments}