3.6K
Publicado o 2013-04-26

Aquí tedes o single adianto de "Jard Rock con Fe", o novo disco dos Heredeiros da Crus despois de varios anos de parón e dez anos sen publicar novo material. A presentación do novo traballo, o noveno da súa andaina, dos Heredeiros  será o vindeiro venres 24 de maio na sala LP45 de Ordes. O que será o noveno álbum na carreira discográfica de Heredeiros da Crus titularase Jard Rock con Fe e manterá intacto o espírito roqueiro e gamberro que iniciaron os de Ribeira hai xa máis de 20 anos: letras irreverentes, linguaxe desenfadada e 100% galega e, sobre todo, moito, moito rocanrol.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.