Sons de Breogán organiza o seu II Festival con Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia. Será esta sexta feira, 13 de marzo de 2020, en Compostela, na sala Malatesta. Variedade estilística e moita calidade na segunda edición do festival de Sons de Breogán.
Tras a boa acollida o pasado ano con Pauliña + Satxa + Bastardos de Rivera, a plataforma de música galega Sons de Breogán, organiza o seu II Festival Sons de Breogán con Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia.Celebrarase o vindeiro venres 13 de marzo na Sala Malatesta de Santiago de Compostela dende as 21 horas. As entradas poden mercarse na súa web, en Entradium e en Wegow, ou entradas físicas en A Reixa e no pub Avante; por uns económicos 12 € de forma anticipada ou por 14 € na billeteira da sala.
En Sons de Breogán apoiamos o panorama musical galego, dende os grupos xa afianzados aos novos grupos e artistas que xorden. Sempre reivindicando e apoiando os valores que defendemos, baseados no feminismo, o internacionalismo, a loita LGTBI e o antifascismo. Agora máis que nunca é preciso loitar e defender a liberdade contra un capitalismo depredador, faremolo coa música como arma e nas rúas. Precisamos loitar pola nosa cultura musical e apostar polas nosas artistas. Sons de Breogán é unha plataforma que naceu fai anos dun traballo de final de carreira, coa intención de dar difusión e ofrecer servizos para artistas e grupos de música non comercial. Ten presencia e varios festivais, así como unha tenda en liña con produtos propios, de grupos e de artistas.