O 17 e 18 de abril terá lugar unha nova edición, xa a cuarta, do Aversion Fest en Burela. Machina, The Brosas -habituais do festival-, Skholma ou Mutant Squad, xunto a outras coma os portugueses Above the Hate, entre as primeiras confirmacións para a edición deste ano. O Aversion é un festival autoxestionado e independente, que aposta principalmente polas bandas amateurs mais que tamén deixa oco para formacións semiprofesionais e profesionais, sempre dentro dos límites marcados polos recursos dos que dispoñen.


Iremos actualizando a información que nos chegue do Aversion Fest no evento creado na nosa Axenda de Concertos, pois nos vindeiros días a organización dará a coñecer o cartaz definitivo. Polo de agora, deixámosvos o que xa sabemos, un feixe de bandas maioritariamente metaleiras que andarán por Burela o 17 e 18 de abril.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.