A Asociación Cultural Novo Cruceiro de Vila de Cruces leva organizando desde hai sete anos dun pequeno festival cuxo obxectivo esencial é o de promover a música en galego. Este ano presentan un novo proxecto co que pretenden motivar aquelas bandas que teñen gañas de tocar no seu festival ademais de reforzar a súa idea de promover música na nosa lingua e achegala á comarca do Deza. Tedes unha banda e cantades en GALEGO? Pois esta é a vosa oportunidade, le as bases!
O proxecto que teñen entre mans é un concurso de bandas en GALEGO, no cal poden participar tanto bandas emerxentes como bandas xa consolidadas. Velaquí as bases:
O concurso consta de dúas partes:
1ª PARTE: Enviádenos 3 temas orixinais e cantados en GALEGO Da vosa banda (preferiblemente enlace de bandcamp ou Similares), acompañados dunha foto en formato JPEG e unha pequena biografía do grupo ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
É necesario incluír tamén: dirección, código postal e número de teléfono. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do rock e as súas variantes.
O prazo de entrega será ata o 31/03/2015.
2ª PARTE: O 05/04/2015 comunicaráselle ás 4 bandas escollidas polo xurado, a súa participación nunha Fase Final que consistirá nunha actuación ao vivo en Vila de Cruces, o día 1 de Maio de 2015.
A Fase Final consistirá nunha actuación de 40 minutos no que as bandas farán todo o posible por convencer ao público e ao resto do xurado para poder formar parte do cartaz do festival NOVO CRUCEIRO ROCK, que se celebrará o 7 de Agosto de 2015, en Vila de Cruces no que teñen participado bandas como KASTOMÄ, MEDOMEDA, RUXE RUXE, DESEQILIBRIO MENTAL, FAMILIA CAAMAGNO, ZËNZAR, NAO, SOM DO GHALPON... e moitas máis).
Ademais do PREMIO como banda convidada do Festival NOVO CRUCEIRO ROCK na 7ª edición, farase entrega o 7 de agosto dun premio en metálico de 300€.
A asociación irá ampliando información no Facebook do Novo Cruceiro Rock.
{fcomments}