A praia do Preguntoiro acolleu onte a presentación da décimo terceira edición do Revenidas. Sobre a area na que descansarán as festivaleiras entre noite e noite de concertos, organización e autoridades debullaron a que vai ser sen dúbida a edición máis ambiciosa do festival de Vilaxoán. Reafirmándose na aposta polo mellor da música galega e na súa condición de festival das linguas, este ano poderemos gozar no Revenidas con Malandrómeda, Familia Caamagno, Falperrys, Ezetaerre ou Os Tres Trebóns e mais bandas internacionais da calidade de Fanfaria Ciocarlia, Gabriel O Pensador, Russkaja ou La Raíz.

Coa presenza do alcalde de Vilagarcía, a presidenta da Deputación ou o director do AGADIC, a organización do Revenidas convocou os medios onte martes na praia do Preguntoiro de Vilaxoán para dar a coñecer a 13ª edición do festival. Este ano, Revenidas dá un novo salto de calidade para se consolidar como unha das citas inescusables do calendario festivaleiro galego e faino sen deixar de apostar con decisión pola música do país. Nunha mestura que lle vén dando moi bos resultados nos últimos anos, a organización volve presentar un cartaz amplísimo, tres días cargados de música con presenza de grupos galegos e internacionais. 

Concertos da noite

 Venres 19 agosto

Gabriel O Pensador, Itaca Band, Juantxo Skalari & La Rude Band, Malandrómeda, Familia Caamagno, Poetarras , Brinkadelia Troupe, Dj Crebinsky,

Sábado 20 agosto

Fanfare Ciocarlia, Talco, O Sonoro Maxín, Aspen­cat, Falperrys, La Kimbala Rumba Style, Dj Pimp

Domingo 21 agosto

La Raíz, Russkaja, Zoo, Cuchufellos, Tres Trebóns, Ezetaerre, Delombaos, Gañador Con­curso Emerxente Rías Baixas

Actividades para todos os públicos

O Revenidas16 aposta de xeito decidido pola programación familiar, con arredor de 40 activi­dades de balde orientadas a todos os públicos, que combinan diversión e entretemento infantil, gastronomía, feira, circo, artes escénicas, artes plásticas, obradoiros, camping… e moitas sopre­sas por anunciar.

Gastronomía. A gran Sardiñada Popular en dúas quendas de xantar e cea, encherá de sabor mari­ñeiro o parque de Dona Concha. Miles de persoas encherán as longas mesas habilitadas coa coi­dadosa e estética decoración do espazo por parte da artista local, Iria Quintáns.

Gala Solidaria do Circo. O sábado o teatro, a música e o circo congregará a familias, nenas e nenos e maiores, nunha gala de balde compro­metida cos refuxiados e refuxiadas de todas as partes do mundo. Un compromiso do Festival que se verá reflectido no apoio e colaboración cunha ONGD, a través do pago opcional de dous euros por parte das persoas asistentes.

A Feira Revenida. Tamén no parque de Dona Concha en Vilaxoán haberá postos de innovación, creatividade e artesanía, onde coñecer e mercar produtos culturais e creativos galegos. Con xogos populares, obradoiros e presentacións de libros e outras actividades.

Ano Castelao. O Festival das Línguas súmase á conmemoración con actividades para todos os públicos. Intervención plástica nun paso de peóns, co pintado dunha frase, ademáis de contacontos e un obradoiro sobre o autor da man de Polo Correo do Vento.

Xoubiñas Festi. O domingo pola mañá os máis pequenos e pequenas serán os únicos protagoni­stas cunha programación de actividades deseña­das exclusivamente para as persoas máis cativas da casa. No parque de Dona Concha e aberto ao público.

Actividades Cultura Mariñeira. Varias accións relacionadas co mar desenvolveranse en embar­cacións no porto de Vilaxoán dentro da difusión do patrimonio cultural mariñeiro. Concertos sor­presas, obradoiros e roteiros sobre o mar no Revenidas16.

Zonas de camping. Varias zonas de camping ha­bilitadas para as persoas que asistan a revenidas con bonos. Máis metros cadrados que as ante­riores edicións, con todas as comodidades para disfrutar nas tendas do Festival das Línguas.

Recuncho dub e reggae. Ao carón do mar poderase disfrutar da música electrónica da man de colectivos galegos. Os máis festeiros e festeiras terán un espazo onde gozar dos esti­los musicais actuais.

ZonaMahou. Por segundo ano consecutivo, Ma­hou continúa coma un dos principais patrocina­dores do Festival As Revenidas. Nesta ocasión, además do Escenario Mahou, a marca contará cunha Zona Mahou onde se desenvolverán dis­tintas actividades que completarán a oferta de lecer de Revenidas16 e onde os asistentes poderán dis­frutar das cañas mellor tiradas. Una colaboración que se enmarca en la apuesta de Mahou polo lecer e entretemento innovador.

Prezos reducidos. Bono dos tres días: 30 euros ata 1 de xullo, logo subirase. A partir do 1 ata o 20 de xullo poderán mercarse entradas de días soltos por 15 euros.

FOTOS: Xabicas - Revenidas 2015

{fcomments}



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.