Estamos a chegar ao ecuador do verán e a axenda festivaleira galega segue chea de grandes propostas. Unha das citas a non perder no mes de agosto é o Festival do Castro, que celebrará en Pantón a súa undécima edición. Á espera da confirmación de todo o cartaz deste ano, desde a organización informan da presenza do grupo uruguaio Once Tiros neste 2016.

O grupo internacional Once Tiros actuará o 20 de agosto no concerto do Festival do Castro a partires das 22.00 horas con entrada gratuíta, apostando por saltar o charco con esta gran banda para a edición do ano 2016.

Once Tiros son unha banda uruguaia con máis de 15 anos de traxectoria e en continuo crecemento en América Latina. Atopan o seu estilo na fusión de ritmos como o ska, o punk e o  reggae.... baixo un directo explosivo.

Sendo Once Tiros o grupo de fóra da Galiza escollido para esta edición pola organización do Festival do Castro, nas vindeiras datas farase público os grupos do país que completarán as actuacións do concerto festivaleiro. O Festival do Castro, ven realizándose anualmente dende 2006, chegando este ano á undécima edición organizada pola Asociación Cultural O Castro dende entón. Once anos de festa interrumpida!!

Fieis ao estilo de xornada completa de activades no plano cultural e festivo manterá un esquema similar ao de anos anteriores, aínda que como cada ano, teremos a adaptación nalgunha actividade ou sorpresa para a celebración destes 11 anos.

Once Tiros, ao vivo no seu DVD "15 años"


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.