Tras o éxito do ano pasado, volta a segunda edición do ciclo de “Músicas de Sofá” como primeira cita musical para os máis de 150.000 visitantes que se agardan para a festa do Polbo do Carballiño. Os concertos comezaron onte, mais aínda estás a tempo de gozar coa música de sofá no CArballiño. Ao longo do día de hoxe, 4 de agosto de 2016, desenvolvera a segunda xornada deste singular festival, na que estarán, entre outros, os Transilvanians.

O festival urbano ampliou este ano a súa duración a dous días, nos que cinco grupos ofrecerán máis de 10 horas de música de estilos como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e Hammond Groove.

Böj, Portulego Quartet, Elephants Yard Live Dub, Groovy Killers e Transilvanians actuarán nos diferentes “salóns” ubicados no centro da vila durante os días 3 e 4 de agosto.

Como novidade de esta edición, os grupos actuan de forma consecutiva para que os asistentes poidan disfrutar íntegra e gratuítamente dos concertos, que culminarán cunha sesión  do sing-jay francés Sutta Enki Dub no Sete Flores.

Arrancou a segunda edición das “Músicas de Sofá”, os días 3 e 4 de agosto na vila do Carballiño.

O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila. O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 150.000 visitantes que se esperan durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Polbo.

Tras o éxito da primeira edición, este ano o 2º Ciclo de Músicas de Sofá conta con importantes  novidades. Por unha parte, os concertos pasan de un a dous días, contando cun total de 5 grupos frente aos 3 do ano pasado. Más de 10 horas de música que farán chegar aos asistentes estilos musicais tan variados como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e o Funk-Groove. Ademáis este ano as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, có fin de  que os asistentes podan disfrutar dos concertos na súa totalidade.

Cunha estética “vintage”, os decorados de esta edición corren a cargo da tenda “show-room Primittive” de Ourense.


Cinco referentes do panorama musical galego

Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Böj, recentes gañadores do último festival de Ortigueira no concurso Runas; Portulego Quartet, integrado por músicos da talla do saxofonista Diego Alonso Tornado; Transilvanians, galardonados co premio Martín Códax da Música Galega; Elephants Yard Live Dub,  e Groovy Killers. Pechará o ciclo,  o francés Sutta Enki Dub cunha sesión de música reggae  no Sete Flores.

A programación para hoxe é a seguinte:    

Xoves 4 de agosto.

Groovy Killers. Hamond Groove (Ourense)

19.00 hrs.Rúa Curros Enriquez

Cun son vintage a súa música bebe do funk marcado pola             inconfundible cor do órgano hammond.

Un directo intenso, cheo de improvisacións e longos       desenvolvementos instrumentáis, fan desplegar ao máximo as          posibilidades deste cuarteto ourensán.


Elephants Yard Live Dub. Reggae-Dub (Vigo)

20.45 hrs. Praza Aquilino Sánchez (detrás Concello)

Elephants Yard é o nome baixo o que se acobilla unha comunidade          de artistas adicados a música reggae en Galicia.

Nesta  ocasión Javier Vicalo (sobre a mesa de mezclas) e Sutta Enki          Dub (Voz) van ofrecer ó público unha sesión de música dub remezclando ritmos reggae en estricto directo.


Transilvanians. Rocksteady-Ska (Vigo-A Coruña)

23.30 hrs. Praza Maior

Gañadores dos  Premios Galegos da  Música Martín Códax 2015 e            con numerosos traballos discográficos ás súas costas. Veñen de   percorrer case toda a xeografía estatal e outros países   europeos            como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos                 directos incendiarios de máis alto octanaxe que se poden atopar actualmente no estado. Consolidados e cun estilo propio (horror-reggae), son ademáis banda de acompañamento do artista internacional Roy Ellis nas súas xiras por Europa.


Sutta Enki Dub. SingJay. (Francia)

01.00 hrs. Pub Sete Flores.

Como  fin de festa o productor e cantante francés afincado en Tui,           ofrecerá unha selección de sons xamaicanos i étnicos aderezados              con toques jungle.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.