Presentouse onte a temporada de concertos do Auditorio de Santiago e da Filharmónica de Galicia. En total serán 33 concertos, dos cales 26 irán a cargo da propia formación residente. Os prezos dos concertos abalan entre os 12 e os 15 euros, mentres que o abono de outubro 2012 a xuño 2013 sae por 228 € para xubilados e estudantes.
Entre as propostas para este período destaca a presenza de coñecidos directores convidados como Christoph König, Manuel Hernández Silva e David Afkha. Canda a eles, participarán nos recitais os pianistas Josu de Solaun, María Joâo Pires, Ingrid Fliter, Nicolai Lugansky, Kirill Gerstein; os violinistas Frank Peter Zimmermann, Ilya Kahler, Renaud Capuçon; o viola Lawrence Power; os cellistas Daniel Müller-Schott e Nicolas Alstaedt e a soprano Beatriz Díaz, entre outros.
O abono normal, que dá dereito a asistir aos 33 concertos programados, sae por 319,20 €. Como xa dixemos, estudantes e xubilados poden conseguir este abono por 228 €. Tamén é posible abonarse por trimestre ou, no caso de asociacións ou colectivos, mercar un abono colectivo. Toda a info de intérpretes, datas e prezos AQUÍ.