A Asociación Falcón de Ponteareas, organizadora do Rock in Río Tea, prepara un concurso de bandas para os primeiros meses de 2014. Premios en metálico, -1000 € á banda gañadora e 200€ á finalista-, aos que poderán acceder 8 bandas que "competirán" enriba do escenario nunha primeira fase, da que sairán as semifinalistas e, destas, as dúas formacións finalistas que tocarán o 5 de abril do vindeiro ano para dirimir quen é a vencedora. Data límite para a inscrición: 25 de xaneiro de 2014.


Os concertos comezarán o 8 de febreiro. Durante 4 fins de semana consecutivas, até o 8 de marzo, 8 formacións escollidas pola organización entre todas as inscritas irán pasando por parellas polo escenario do JJ Copas de Ponteareas. Alí, sometaranse ao veredito dun triplo xurado: popular, do JJ Copas e da Asociación Falcón. Cada noite, unha formación accederá ás semifinais, que se celebrarán o 15 e o 22 de marzo, das que sairán as dúas bandas finalistas que o 5 de abril tocarán no JJ Copas para os 3 xurados dilucidaren cal é a gañadora.

Os requisitos para se inscribir son mínimos, apenas ter 18 anos ou 16 e permiso dos proxenitores. Aquí tedes a ligazón ás bases. No Facebook do Rock in Río Tea vaise actualizando toda a información do concurso. Lembrade que a data límite de inscrición é o 25 de xaneiro!

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.