Remata o 2013. Un ano no que a música galega, como toda a cultura e como a sociedade no seu conxunto, sentiu o abafo desa realidade, liberal no económico e ultracristiá no social, na que nos queren encorsetar. Mais, -e polo de agora, case mellor nin dar a idea-, non nos prohiben cantar, festexar e berrar o noso desacougo. Así que seguiremos a facelo. E xa non somos -só- catro tol@s. Eis o 2013 de GZmúsica en números...e non só neles.


Os fríos números

Durante o 2013 publicamos 180 artigos, subimos 92 vídeos á nosa web e máis de 100 á canle de youtube. Anunciamos 596 concertos na nosa Axenda. E achegámonos até 46 deles. Mandamos  755 chíos en Twitter e subimos máis de 1000 fotos ao facebook e á nosa web. Isto pola nosa banda.

Porque todo o traballo que desenvolvemos a troupé de GZmúsica (Martín, Lety, Dani, Xabicas, Paula, Fer, Carlos, Víctor, Breixo, Adrián e tod@s as que botan un cabo de cando en vez) só vale para algo grazas á xente que o le, o ve, o difunde e fai que este proxecto teña sentido.

Durante o 2013 recibimos máis de 45.000 visitas na nosa web, que visualizaron máis de 100.000 páxinas. Na nosa canle de youtube, máis de 34.000 reproducións deixaron 120.000 minutos vistos, 2.000 horas de música galega! E na Sección Multimedia de GZmúsica, houbo máis de 60.000 visualizacións aos vídeos engadidos no 2013. E desde a zona de Descargas, baixastes máis de 3000 discos. Nas redes sociais, superamos os 5.000 seguidores. Somos máis de 1900 no Facebook, 3.000 no Twitter e 170 subscritores no youtube.

Os artigos máis lidos

Listaxe cos 10 artigos máis lidos no 2013:


Os 20 vídeos máis vistos na nosa canle de Youtube durante o 2013

Listaxe cos 20 vídeos máis vistos na canle de youtube de GZmúsica (agás os programas de GZmúsica TV, que decidimos non incluír nesta lista de reprodución) desde o 1 de xaneiro de 2013 até o 31 de decembro de 2013. Neste Top20, hai 5 vídeos que se manteñen desde o ano pasado: Terbutalina, que mete 3 vídeos no Top20, mantendo 2 do ano pasado. E PelePau, Os Papaqueixos e Skarallaos con cadanseu vídeo repetindo entre os 20 máis vistos. Tamén destacan Chotokoeu, que coloca 2 vídeos no noso Top20, e o directo de Kepa Junkera e Treixadura, que en apenas 1 mes é o 4º vídeo máis visto do ano. 


E tamén podes consultar cales foron os vídeos máis vistos na sección Multimedia de GZmúsica.

Fonte: Google Analytics e Youtube Analytics

{fcomments}





Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.