Os Imperfectos continúan coa presentación do seu primeiro álbum, 'Supernova', e dende o pasado venres 11 de outubro Sálvame', segundo adianto do traballo, está dispoñible en todas as plataformas dixitáis. Ademais, a canción está acompañada dun novo videoclip que tardou apenas unhas horas en cautivar ao público da banda arousán.

Os Imperfectos son unha banda de Vilagarcía de Arousa composta por Juan Carballo (poeta e voz), Álvaro Cardalda (teclados e voz) e Pedro Falcón (guitarras). A banda conta ademáis con músicos de sesión como Pepe Santamaría (batería) e Rubén Iglesias (baixo). 

O segundo videoclip da banda tamén está dirixido por ARDE ( @arde.world ) un proxecto de Diego Falcón, un profesional audiovisual que non para de facer colaboracións con artistas en Galicia, e está protagonizado por Ana Montull e Paulo Falcón. O vídeo trata de alguén que esta a piques de perder todo o seu brillo e aférrase á súa ultíma esperanza.

Unha particular aposta pola pola música e poesía en galego

A banda atópase na actualidade inmersa no lanzamento de Supernova. A primeira canción do álbum en ver a luz foi “Hai Algo Máxico”, dispoñible en todas as plataformas dixitáis dende setembro, e con “Sálvame” constátase que esta banda pretende chegar con forza á escena musical galega.

Dúas cancións, dous videoclips e un respecto e cariño absolutos pola poesía e música en galego van dando forma a un disco feito a man, composto e producido por eles, que contén oito cancións que serán publicadas, unha a unha, en todas as plataformas dixitais (Spotify, Youtube, Apple Music…) durante os próximos meses.

Madrid, Barcelona, Los Ángeles…? Non, Vilaxoán e Santiago de Compostela. O disco foi gravado, mesturado e masterizado no estudo “A Casiña” en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), as baterías foron gravadas no estudo de Garaxeland en Santiago de Compostela e os videoclips foron gravados e editados tamén en Galicia.

“Imperfectos somos nós, pero estamos seguros de que Galicia é o lugar perfecto para dar cos mellores profesionáis do mundo, esta gran “Supernova” non fixo máis que comezar e agardamos poder presentalo nas mellores salas e festivais do país”, din os tres integrantes da banda, que agardan encher de concertos a súa axenda este 2025. 

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.