Non é a primeira vez que desde o Bar Mariatchi de Barcelona, -e co Manu Chao entre os argallantes-, se publica un disco con temas destacados dese Barcelona Sound mestizo e rumbeiro que tanto lle debe á emigración andaluza e á pegada de bandas coma, por exemplo, Mano Negra. Ao carón de bandas e solistas típic@s desde estilo, Che Sudaka, La Troba Kung Fú, La Pegatina, Tonino Carotone ou Ámparo Sánchez, aparece neste Lo peor de la rumba o tema Quen nos queima da galega Bolboreta, aka Lydia Botana. Aquí vos queda o seu reggae acougante, acompañado desta volta do rap de García Mc.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.