
III RUARADA NA DAS GUERRAS
Laza
28 de febreiro
Volvemos xuntarnos na das Guerras para seguir facendo medrar o que é noso: tocar, aprender, bailar e rematar en foliada das que non se esquecen.
Obradoiros con Artur Puga
• “Pandeiro con baqueta”
uso do pandeiro en Peñaparda e a súa aproximación a outras rítmicas.
• “Repenicando castañetas”
uso das castañetas no baile solto ou agarrado.
Ao serán
• Grupo tradicional Afogapalletas (Taboada – Lugo) @afogapalletas
• Pandereteiras da A.C. A Carrabouxa (Teo – Santiago de Compostela) @acarrabouxa
Sorteo de produtos locais (rifas á venda)
Foliada libre ao remate — traede o voso instrumento!
E sendo hoxe día de xuntanzas e complicidades de comadreo… bo momento para anunciar que a ruarada xa está en camiño.
Vémonos en Laza.
Agardámoste

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...
O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...
PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...