
Esta é unha chamada á toda a comunidade da ETRAD (alumnado, familiares e amizades) para un evento de diversión ancestral , o ENTROIDO.
Este venres, 13 de febreiro, reunirémonos ás 18:00 hs. no Salón de Actos da escola para ensaiar o repertorio coas coplas que temos expresamente preparadas. Ás 19:00 hs. partiremos en modo comitiva cara a Rúa do Príncipe e a Praza da Constitución.
O REPERTORIO constará de:
- Foliada de San Fins do Castro
- Pasodobre de Laxoso
- Xota de Vilar de Cabeiras
- Pasodobre de Imende
- No carnaval do Hío
- Miñas cousas
- Vén bailar, Carmiña
- Xota de Lourido
- Foliada de Asén
- Xota do Vilar
DISFRAZ de libre elección
VÉN CELEBRAR O ENTROIDO CONNOSCO!!!

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...
O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...
PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...