Axenda

Sabela
sábado 14 febreiro 2026, 20:30
Vistas : 12

CONCERTO || Sabela
XIII Ciclo Voces cálidas para noites de inverrno
 Sábado 14 de febreiro
 20:30 h
Auditorio A Fábrica, Perillo
A líder da nova escena do pop electrónico Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela converteuse xa no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións, conquistando con grandes xiras en directo importantes salas ao longo de España e de Galicia, así como festivais da talla de O Son do Camiño, BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas, Festival do Pasatempo ou Festival Noroeste.
A artista galega soubo madurar o seu proxecto para levalo a unha nova etapa da súa carreira, e a pesar de contar cun estilo xa propio e identificable, aposta forte por un son máis internacional mantendo elementos tradicionais galegos, fortalecendo así as súas raíces. Bríllanche os olliños, o último traballo discográfico de Sabela, vén de obter numerosas escoitas e visualizacións, así como recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música na categoría de pop e indie, e nominacións a prestixiosos galardóns como os Premios de la Academia de la Música, Premios Mestre Mateo, Festival de Cans ou Festival de Videoclips de Oviedo.
 Entradas anticipadas en www.giglon.com ou na billeiteira do auditorio desde unha hora antes do comezo do espectáculo
Lugar: Auditorio A Fábrica - Perillo (Oleiros)
619260474_18303633304281552_7085745195780393492_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO