Axenda

IV Xornada Carballesa
sábado 25 abril 2026, 11:00
Vistas : 103

Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG, xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo - área de Cultura e o Concello de Folgoso do Courel -Turismo , organizan o vindeiro sábado 25 de abril, a cuarta edición das xornadas sobre a CARBALLESA, que terá lugar en Seceda do Courel.
Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.
Sentimos que temos a obriga de loitar por conservar o noso; e ademáis homenaxear e lembrar aos nosos antecesores e as súas ensinanzas e tamén a toda a xente que traballou e que fixo recollidas para que estas riquezas culturais chegaran ata os nosos días.

E queremos facelo con esta cuarta edición da xornada sobre a Carballesa, na que temos previsto realizar dous Obradoiros teórico - prácticos sobre a Carballesa, un de baile, que impartirán Julia Mª Pozo Méndez e Chema Cebeiro Fernández, e un de gaita , que impartirá Óscar Sánchez Rodríguez, facer unha sentida homenaxe que nesta ocasión queremos dedicalo aos brindos e aos brindadores, e para tal fin contaremos coa colaboración de Branca Villares quen guiará e impartirá o “Obradoiro o Brindo: recursos, melodías e narrativas na tradición oral no Courel.”, tamén terá lugar un filandón aberto para todos os e as asistentes a cargo do grupo de teatro Milrosas de Lóuzara Samos, e seguidamente iniciarase o baile cos grupos das escolas de música tradicional dos Concellos de O Íncio, O Courel e Pobra do Brollón, e rematarase o día co concerto a cargo de grupo Galega de Bailables. *Nos vindeiros días informaremos como anotarvos aos distintos obradoiros e como reservar o xantar.

Esta actividade contará tamén coa colaboración de Lar da cima - aloxamentos turísticos, Carmen Álvarez - pintora plástica, Supermercado Cal “Boter” e mel artesán de montaña O Galeirón.

Animámosvos a todas e a todos a acompañarnos nesta xornada, a desfrutar da nosa música e do noso baile e convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos, e a gozar dun marabilloso día cheo de música tradicional e a maiores, nun entorno incomparable.

Programa IV Xornada de CARBALLESA

25 de abril de 2026 – Seceda do Courel

- 11.00 horas - OBRADOIRO TEÓRICO -PRÁCTICO de BAILE SOBRE A CARBALLESA – Imparten : Julia Mª Pozo Méndez e Chema Cebeiro Fernández. *con inscrición
- 11.00 horas - OBRADOIRO TEÓRICO -PRÁCTICO de GAITA SOBRE A CARBALLESA – Imparte : Óscar Sánchez Rodríguez. *con inscrición
- 14.00 horas – XANTAR - * con reserva
- 16.30 horas - HOMENAXE A AOS BRINDOS E AOS BRINDADORES e: Obradoiro o Brindo: recursos, melodías e narrativas na tradición oral no Courel. Imparte: Branca Villares.
- 17.30 horas - FILANDÓN
- 18.30 horas - BAILE – cos grupos das escolas de música tradicional dos Concellos de O Íncio, O Courel e Pobra do Brollón.
- 20.00 horas – Concerto GALEGA DE BAILABLES

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, para contribuír e potenciar a divulgación da nosa cultura e a súa conservación.
Dende a AGG traballamos arreo para que a nosa cultura e as nosas tradicións non caian no esquecemento e sexan un patrimonio vivo do que sentirnos orgullosos.

Lugar: Seceda (Folgoso do Courel)
649868042_1255781053362488_7228817203684086548_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Sábado, 11 Xullo 2026 01:17

Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o...

Venres, 03 Xullo 2026 23:59

O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose...

Sábado, 27 Xuño 2026 21:44

PALCO é o novo escaparate sectorial da música impulsada desde Galicia, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro de 2026 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura e noutras salas e espazos de...

AO VIVO