
Como cada ano desde 2011, o Consello da Cultura Galega organiza un concerto arredor do Día das Letras Galegas. Ao ser Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano, viguesa, a actuación terá lugar por tereceira vez na nosa cidade (2021, 2023 e 2026), concretamente no auditorio Mar de Vigo o sábado 16 de maio ás 20:30
A artistas mosense Uxía, unha das voces máis salientables da música galega e, ademais, amiga de Caamaño, será a encargada de poñer a banda sonora nunha xornada tan especial. Moitas das cancións que interpretará están inspiradas en textos de Begoña, que aparecen recollidas no librodisco de próxima publicación Indómitas. 9 ondas a Begoña Caamaño. Ademais dos membros da súa banda (Santi Cribeiro, Isaac Palacín, Quim Farinha, Judith Almeida e Rafa Otero), Uxía estará acompañada por varias convidadas sorpresa. O concerto xirará arredor da personalidade de Begoña, unha muller libre, comprometida e feminista.
A entrada para o concerto é libre ata encher a capacidade do recinto, tamén poderá seguirse en directo a través da web do Consello da Cultura Galega e na Televisión de Galicia, no marco da programación do Día das Letras Galegas.

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...